Saltar navegación

Criterios de avaliación

  • Coordinar e controlar o seu corpo, as súas posibilidades motrices e adaptalo ás características dos obxectos, á acción e á vida cotiá.
  • Resolver con iniciativa e autonomía as actividades da vida cotiá, colaborar en tarefas e aceptar as normas.
  • Empregar e comparar magnitudes de peso e lonxitude coa finalidade de resolver problemas relacionados con situacións cotiás.
  • Dar mostras de interesarse polo medio natural e os seus cambios. Identificar e nomear algúns dos seus compoñentes. Manifestar actitudes de coidado e respecto cara á natureza e participar en actividades para conservala.
  • Producir diferentes textos individualmente ou en grupo -con escritura convencional ou non-, iniciándose no uso do teclado para a codificación, con propósitos e intencións diferentes: recoller e transmitir información,...
  • Interesarse e participar nas situacións significativas de lectura e escritura que se producen na aula desenvolvidas por persoas lectoras e escritoras competentes.
  • Expresarse e comunicarse utilizando medios, materiais e técnicas propios das diferentes linguaxes artísticas e audiovisuais.