Saltar navegación

Busca de fontes de información

Elaboramos unha nota solicitando a colaboración das familias aportando material bibliográfico. A redacción desta nota en gran grupo permítenos introducir un texto informativo e reflexionar acerca dalgunhas das súas propiedades: fórmulas fixas, formato, función.

Na aula iniciamos ao alumnado nos pasos necesarios para realizar unha busca de información acerca dun tema concreto en internet, reflexionando sobre a importancia de comprobar a veracidade da información.

Accedemos á biblioteca do centro escolar para revisar os fondos e localizar bibliografía sobre o tema.

Poñémonos en contacto con asociacións como Axena e ACOPO que adican o seu esforzo a protexer ao lobo ibérico.

Fonte
Mª Teresa Neira González. Exemplo de fontes (CC BY-SA)

Pedro Alonso. Experto en lobos.