Saltar navegación

Obxectivos

 

Obxectivos inherentes ao desenvolvemento dun proxecto, con independencia do tema de estudo:

  • Ensinarlle ao alumnado a buscar, seleccionar e organizar información sobre un tema concreto.
  • Motivar ao alumnado a formularse interrogantes acerca do mundo que lle rodea.
  • Escribir un breve texto expositivo sobre o tema de estudo.
  • Iniciarse nos pasos para realizar unha busca de información en Internet.
  • Diferenciar a función dos textos expositivos da función dos textos literarios, así como apropiarse doutras propiedades relevantes dos textos expositivos.
  • Recoñecer o proceso de observación como paso previo ao proceso de creación.

Obxectivos específicos ao tema deste proxecto, os lobos:

  • Comparar a morfoloxía do lobo coa humana.
  • Desmitificar a idea de lobo como animal maligno.
  • Evolucionar no proceso de adquisición do sistema de escritura.