Saltar navegación

Organización do traballo

Negociamos co alumnado o procedemento para realizar as lecturas da información aportada  (gran grupo e pequeno grupo) e a elaboración dos textos expositivos. Algúns dos libros son dixitalizados para poder realizar lecturas en gran grupo e guiar ao alumnado na reflexión acerca dalgunhas propiedades destes textos: mellor calidade cando as imaxes son fotografías, ausencia de imaxes en moitos deles, información contrastada en distintas fontes,…

Fixar obxectivos.

Consultar no apartado específico da guía didáctica.

Contidos

Consultar no apartado específico da guía didáctica

Primeira distribución do tempo.

A temporalización prevista para o seu desenvolvemento foi dun mes aproximadamente, no terceiro trimestre do curso escolar 2014-15.

Establecer pautas de colaboración coas familias e o entorno.

Os canles de comunicación coas familias foron a través de notas informativas, de reunións grupais para presentar o dossier final do proxecto e nas entradas e saídas do centro escolar.

Organizar o espazo e os recursos.

Dispuxemos do espazo da aula no que se foron organizando tanto os materias aportados pola familia e a comunidade escolar como as producións realizadas polo alumnado. Abreuse o recuncho do lobo.

Organización do espazo
Mª Teresa Neira González. Organización do espazo (CC-BY-SA)