Saltar navegación

Selección fotografía

ACTIVIDADE: Espazo da acción

Selección da fotografía, de xeito individual, que será o espazo onde se desenvolverá a trama.

  1. Visualizaremos imaxes aéreas de diferentes espazos e lugares da terra, escollidos pola súa beleza.
  2. Realizaremos unha primeira selección para imprimir e expoñer no taboleiro.
  3. Cada neno e nena, libremente, elixirá unha. Una vez seleccionada unha imaxe retírase para que as opcións sexan diferentes, o número de fotografías será suficiente para que todos teñan diversas posibilidades entre as que facer a súa escolla.

Exemplos de imaxes seleccionadas

Escolla feita polo alumnado

Presentación das fotografías

imaxe
Licenza: CC BY-SA

As fotografías estiveron expostas durante dous días no taboleiro para que o alumnado poidera visualizalas con calma.

Escolla por parte do alumnado

imaxe
Licenza: CC BY-SA

Despois dese tempo cada neno e nena realizou libremente a súa escolla. A imaxe elexida brinda o espazo onde se vai desenvolver a acción da súa historia.