Saltar navegación

Estrutura e escritura

ACTIVIDADE: Escritura do conto

  1. Localizar nun conto dos lidos habitualmente na aula as partes básicas da estrutura.
  2. Iniciar cunha fórmula fixa de inicio elixida entre as que figuran no listado elaborado previamente.
  3. Recuperar a descrición realizada do personaxe principal.
  4. Situar ao personaxe principal no espazo, marcado pola fotografía, e no tempo.
  5. Percorrer a fórmula de estrutura proposta por Adam e ir elaborando os elementos da historia: Situación inicial estable + complicación + reacción + novo elemento perturbador + situación final + avaliación) empregando os conectores elixidos.
  6. Ditar á persoa docente o conto propio centrándose unicamente en “que quero poñer?” escribindo o primeiro borrador. Esta estratexia facilita que o alumnado centre a súa atención nas propiedades do texto (fórmulas fixas, estrutura e interese do contido) porque libérao de reflexionar, ao mesmo tempo, no sistema de escritura "como se pon?".
  7. A docente iniciaba o proceso escribindo a fórmula fixa e a descrición do personaxe principal, a continuación o alumnado incorporaba a descrición subxectiva e onde se localizaba, creando así a situación inicial estable.
  8. Para que xurdira a complicación o conector empregado era "un dia", reaccionábase a esta introducindo "entón".
  9. O novo elemento perturbador aparecía despois de "pero" e o desenlace "de repente".
  10. Lectura, nos días posteriores, dos textos elaborados co fin de realizar melloras a nivel de estrutura e léxico fundamentalmente. É necesario que transcorra un período temporal para poder pasar do rol de escritores ao de lectores e percibir os aspectos a mellorar: repetir palabras innecesarias, cambiar palabras por sinónimos máis ricos,...
  11. Transcrición a ordenador de tódolos contos por parte da persoa docente. Dada a extensión e calidade dos textos pedirlles que os trazasen dificultaría a lectura e supoñería un esforzo excesivo.

Conto 1

Había una vez un monstruo. Era de tamaño descomunal. Su cabeza achatada tenía tres ojos rasgados con pestañas finas y cejas arqueadas y pegadas.

Su boca era enorme, con dientes afilados destacando un prominente colmillo. Las orejas grandes y redondas como elefantes. La lengua estaba enroscada y era larga y pegajosa como la de un camaleón.

Del pelo, rizo, largo y azul, sobresalían tres cuernos robustos con rayas y bien afilados. Sin embargo, la nariz era pequeña y muy chata, un poco ladeada. Este monstruo estaba muy orgulloso de su barba frondosa y rosa.

Tenía cuatro brazos con tres dedos en cada uno. Eses dedos acababan en uñas afiladas y horripilantes. También tenía tres piernas peludas y cortas con una cola larga llena de espinas de dragón.

La musculatura de sus abdominales parecía que le daba mucha fuerza. Era bueno porque compartía las cosas que tenía pero malo porque comía a las niñas.

Un día fue a un montón de casas y encontró a una niña. Le dijo:

-¡Hola niña!, ¿cómo te llamas?

-Me llamo Eva y vivo en esta casa con mi mamá y mi papá. Tenemos un cielo muy bonito.

Entonces el monstruo quería comer a la niña y no le dijo nada, cogió su rastrillo y fue a su casa a buscar un aparato y conseguir comerla. De repente, la cogió con su aparato y volvió a su casa. Cuando la iba a meter en una sartén dijo:

-Mami, me voy a comer a esta niña con patatas fritas.

-Muy bien pues nos la comeremos.

De repente, la niña en un descuido corrió muy rápido y gritó “¡Me quieren comer!” y el monstruo y la madre llamaron a toda la manada monstruo para atrapar a la niña pero no la dieron atrapado porque corría súper rápido. Las gallinas de los monstruos también escaparon por la carretera y las encontraron sus dueños.

La familia monstruo se quedó sin comida y fueron al súper de monstruos para no querer comer nunca más a las niñas y ya fueron buenas para siempre, podía ir a las casas a jugar con las niñas.

Fueron felices y comieron perdices

Conto 2

En un país muy lejano vivía un monstruo. Era de tamaño descomunal. Su cabeza achatada tenía tres ojos rasgados con pestañas finas y cejas arqueadas y pegadas.

Su boca era enorme, con dientes afilados destacando un prominente colmillo. Las orejas grandes y redondas como elefantes. La lengua estaba enroscada y era larga y pegajosa como la de un camaleón.

Del pelo, rizo, largo y azul, sobresalían tres cuernos robustos con rayas y bien afilados. Sin embargo, la nariz era pequeña y muy chata, un poco ladeada. Este monstruo estaba muy orgulloso de su barba frondosa y rosa.

Tenía cuatro brazos con tres dedos en cada uno. Eses dedos acababan en uñas afiladas y horripilantes. También tenía tres piernas peludas y cortas con una cola larga llena de espinas de dragón.

La musculatura de sus abdominales parecía que le daba mucha fuerza. Era bueno porque ayudaba a los demás.

Un día se perdió en un desierto y entonces empezó a llorar. Sus lloros se esparcieron por todo el país, eran descomunales como él.

De repente llegó a un mar y se encontró con un chico. Ese chico conocía todos los sitios de la ciudad y lo llevó a casa.

Cuando llegó a su casa estaba ocupada, había otro monstruo porque pensaba que no era de nadie. Entonces no se pelearon, el chico y el monstruo se fueron a buscar un sitio donde vivir porque conocía todos los países.

Al chico se le ocurrió una idea y le dijo al monstruo “¿por qué no vives conmigo y somos hermanos?”. El monstruo contestó “vale”.

Entonces llegaron a su casa y fueron felices para siempre

Quien no lo quiera creer que lo vaya a ver.

Ditándolle á docente 1

imaxe
Licenza: CC BY-SA

Cada nena e neno, de xeito individual, ditáballe á docente a historia que acontecía no seu conto. Esta, a través de preguntas, guiábaos pola fórmula de estrutura proposta por Adam e introducía os conectores anteriormente indicados.

Ditándolle á docente 2

estrutura
Licenza: CC BY-SA

Cada neno e nena tiña a fotografía seleccionada previamente para ubicar o espazo onde transcorrería a acción. Todos os contos empezaban coa fórmula fixa elexida e a descripción da personaxe principal realizada colectivamente.

Apuntes teóricos

Fórmula de estrutura de Adam

Guiamos ao alumnado, con preguntas, pola fórmula da secuencia proposta por Adam para elaborar o esquema fundamental da estrutura, posteriormente ilustrarase con detalles secundarios: presentación e descrición da personaxe

Fórmula Adam
Mª Teresa Neira e Pablo Nimo. Estrutura de texto narrativo de Adam (CC BY)

"Morfoloxía do conto" de Vladimir Propp

Vladimir Propp foi un escritor soviético que no seu libro “La Morfología del Cuento” (1928) describiu  o que podemos chamar as 31 fases ou funcións das que constaba un conto clásico. A través destas funcións podemos guiar ao noso alumnado na creación de tramas nos procesos de creación de textos literarios. Estas funcións  poden repetirse varias veces e non teñen por que aparecer todas.

  1. Afastamento: un dos membros da familia afástase da casa
  2. Prohibición: recae sobre o protagonista una prohibición
  3. Transgresión: transgrédese a prohibición
  4. Interrogatorio: o agresor intenta obter noticias
  5. Información: o agresor recibe informacións sobre a vítima
  6. Engano: o agresor intenta enganar á súa vítima para apoderarse dela ou dos seus bens
  7. Complicidade: a vítima déixase enganar e axuda así ao seu inimigo, ao seu pesar
  8. Fechoría: o agresor dana a un dos membros da familia ou cáusalle prexuízos
  9. Carencia: fáltalle algo a un dos membros da familia; un deles ten gañas de posuír algo
  10. Mediación: momento de transición, divúlgase a noticia da fechoría ou da carencia, diríxense ao heroe cunha pregunta ou unha orde, chámase ou fáiselle partir
  11. Principio da acción contraria: o heroe buscador acepta ou decide actuar
  12. Partida: o heroe vaise da súa casa
  13. Primeira función do doante: o heroe sufre unha proba, un cuestionario, un ataque, que lle prepara para la recepción dun obxecto ou dun auxiliar máxico
  14. Reacción do heroe: o heroe reacciona ante as acción do futuro doador
  15. Recepción do obxecto máxico: o obxecto máxico pasa a disposición do heroe
  16. Desprazamento: o heroe é transportado, conducido ou levado cerca do lugar onde se atopa o obxecto da súa busca
  17. Combate: o heroe e o seu agresor enfróntanse nun combate. O heroe recibe unha marca
  18. Victoria: o agresor é vencido
  19. Reparación: a fechoría inicial é reparada ou a carencia colmada
  20. A volta: o heroe regresa
  21. Persecución: o heroe é perseguido
  22. Socorro: o heroe é auxiliado
  23. Chegada de incógnito: o heroe chega de incógnito á súa casa ou a outra comarca
  24. Pretensións enganosas: un falso heroe reivindica para si pretensións enganosas
  25. Tarefa difícil: propónselle ao heroe unha tarefa difícil
  26. Tarefa cumprida: a tarefa é realizada
  27. Recoñecemento: o heroe é recoñecido
  28. Descubrimento: o falso heroe ou o agresor, o malvado queda desenmascarado
  29. Transfiguración: o heroe recibe unha nova aparencia
  30. Castigo: o falso heroe ou o agresor é castigado
  31. Matrimonio: o heroe cásase e ascende ao trono

Fases ou funcións dun conto clásico – AíovaiEducación [Internet]. [citado 12 de maio de 2017]. Dispoñible en: http://www.edu.aiovai.org/2017/05/12/fases-ou-funcions-dun-conto-clasico/