Saltar navegación

Descripción

ACTIVIDADE: Valor da descripción

Describimos á protagonista da fotografía que empregamos como elemento motivador desta secuencia didáctica.

Comentamos que a nena é de Nepal e búscase Nepal no mapamundi da clase. Introducimos a descrición preguntando cales son as características físicas desta nena.

Proceso realizado

Avánzaselles que os ollos é un dos rasgos salientables das persoas deste país  e pregúntaselles como son:  marróns, negros, “así” (facendo referencia á forma: rasgados)

  • Buscamos unha palabra para definir este tipo de ollos. Como os nenos e nenas non chegan a ela, definimos o concepto e despois indicamos cal é a palabra que o engloba: ollos marróns rasgados.
  • Rexístrase no encerado á vista dos nenos e léselles o que está escrito. Búsqueda de outra das características no tocante aos ollos: pestanas
  • Análise do tipo de pestanas: curtas, sen pestanas…Comparamos  cos ollos de nenos da aula, por exemplo Roi (ollos marróns, pestanas moi largas, poboadas, curvas e negras) e Hugo (ollos grandes, verdes, e con pestanas nin largas nin curtas).
  • Busca doutras características que destacan na nena da fotografía, a pel: negra, marrón, poñéndose blanca pola parte interior do brazo.
  • Comparación con nenos e nenas da aula: Irene e Tomás (contrarios á nena) ollos azuis, pelo loiro, pel branca. Carolina (contraria tamén) ollos marróns, pel branca, pelo loiro
  • Buscamos alguén da aula que poida ter parecido coa nena da fotografía e elixen a Andrea: tono de pel escuro, ollos marróns, pelo escuro.
  • Continúa este proceso para describir á nena, recollendo por escrito todas as achegas  do alumnado, e incorporando “melloras”, por exemplo cambiar “tono de pel marrón” por “tono de pel tostada”. Describimos o pelo, o nariz, a boca e orellas rematando cunha característica que faga referencia ao seu estado interior: si parece feliz, triste,..

No apartado de "personaxe principal" apórtase información teórica para realizar unha descrición.