Saltar navegación

Fórmulas fixas

ACTIVIDADE: Recompilación de fórmulas fixas de comezo de conto.

Recompilando fórmulas fixas

Nesta actividades pretendemos reflexionar sobre a función das fórmulas fixas a través de:

  1. Os albumes ilustrados que temos na biblioteca de aula fixándonos nas de comezo e remate.
  2. Busca en internet de documentación sobre as fórmulas fixas.

A continuación presentamos unha proposta de selección con libros que conteñen fórmulas fixas de inicio e final:

  • Boer, Joan de / Darne, Txell (2005), O sultán e os ratos. OQO Editora
  • Alonso García, Tareixa (2005) O anano saltareiro. Kalandraka Editora.
  • López Parreño, J. Antonio (2002) A ratiña presumida. Kalandraka Editora.
  • Colección Os contos do Trasno, Kalandraka
    • Mejuto Rial, Eva (2004) A casa da mosca chosca.Kalandraka Editora
    • Rubio, Antonio / Ferrer, Isidro / Núñez, Marisa (2004) A Merliña. Kalandraka Editora
    • Ballesteros, Xosé (1999) O coelliño branco. Kalandraka Editora.
  • Presunto, Ana / Suárez, Iván (2006) Bola de Manteiga. OQO Editora
  • Bladé i Pinyol, Domènec (2000) Hansel e Gretel. Didaco.
  • Bladé i Pinyol, Domènec (2000) Isis e Osiris. Didaco.
  • Bladé i Pinyol, Domènec (2000) O califa Cegoña. Didaco.
  • Bladé i Pinyol, Domènec (2000) A dama e o león. Didaco.
  • Coleccións: Colección Cuentos de la Media Lunita, de Rodríguez Almodóvar, Antonio:
    • El mono caprichoso
    • La niña del zurrón
    • De penca en penca
    • La princesa muda
    • Los doce ladrones
    • Mariquilla ríe perlas
    • La zorra y el lobo
    • Periquín y la bruja Curuja

ACTIVIDADE: Escritura dunha nota para as familias

Redacción dunha nota dirixida ás familias, en gran grupo, para solicitar a súa colaboración aportando as fórmulas que coñezan. Trátanse algunhas características do texto informativo como o formato, o saúdo e a coherencia. O alumnado escribe, atendendo ás distintas etapas do sistema de escritura, a pregunta “como empezan os contos?"

A persoa docente transcribirá o texto elaborado para enviar ás familias.

Nota para as familias
Mª Teresa Neira. Nota para as familias (CC BY-SA)

ACTIVIDADE: Unificación das fórmulas fixas recompiladas

Unificar, nun papel continuo, as fórmulas recopiladas.


Como empezan os contos?

aula
Licenza: CC BY-SA

O alumnado está realizando escrituras libres, atendendo as diferentes etapas no proceso de adquisición da lingua escrita, para enviar unha nota ás familias preguntando "Como empezan os contos?"

Escritura alfabética con erros ortográficos

texto
Licenza: CC BY-SA

É unha escritura practicamente alfabética, que presenta erros ortográficos, pero que casi non precisa transcripción.

Escritura silábica convencional ou silábico cualitativa

texto
Licenza: CC BY-SA

Esta escritura, ademais do recorte silábico propio desta etapa, presenta convencionalidade.

Unificación da recopilación de fórmulas fixas

editada
Licenza: CC BY-SA



Exemplificación do resultado da actividade: Fórmulas fixas recollidas.

De inicio:

  • Había unha vez...
  • Érase unha vez…
  • Nun afastado país…
  • Érase que se era…
  • Érase unha vez e mentira non é…
  • Contan que contan que me contaron…
  • Fai máis de mil anos…
  • En tempos de Mari Castaña…
  • Fai moito, moito tempo…
  • Contan os que o viron…
  • Aquel que o veu , chegou e contoume que…
  • Para saber e contar, e contar para aprender…
  • Tes que saber para contar e entender para saber que isto era…
  • Cando os animais falaban…
  • Detrás das sete montañas, detrás dos sete ríos…
  • Cando as ras tiñan pelo e as galiñas dentes…
  • Esto que che conto sucedeu nun lugar tan afastado e fai tanto tempo que xa case nin me acordo…
  • Fai máis de mil anos…
  • Unha vez eu sabía un conto pero quedouse dentro e non me acordó, vou ver si sae outra vez…

De final:

  • Colorín colorado, este conto está rematado.
  • Foron felices e comeron perdices.
  • Esto foi verdade e non minto, como mo contaron, conteino.
  • E que non o queira crer, que o vaia a ver.
  • E esta historia rematou e o vento a levou
  • Foron felices e comeron perdices e a min non me deron porque non quixeron.
  • E como di Don Fermín, este conto chegou ao seu fin.
  • Colorín colorado, este conto está rematado, e quen non levante o cu quédalle pegado.
  • Colorín colorado, este conto está rematado, si queres que cho conte outra vez pecha os ollos e conta ata tres.
  • Colorín colorado, este conto está rematado, si queres que cho conte outra vez di que si e grita.
  • E foron felices e comeron perdices e a min déronme cun óso nas narices.
  • E este conto rematou e o vento o levou e cando o volva a atopar, volvereicho a contar.