Fotografía e contos. Arte e letras.
Ilustración e edición
ACTIVIDADE: Transformación, mediante a técnica do collage, da fotografía elixida incorporando os personaxes debuxados.
- Despois de escribir o conto, ditando á persoa docente, cada neno e nena debuxou os personaxes secundarios que introduciu na súa historia.
- O personaxe principal xa estaba realizado.
- O produto final son eses personaxes, adaptando o tamaño, integrados na imaxe. Os debuxos non se colorean para que destaquen sobre a fotografía de cor.
ACTIVIDADE DE EDICIÓN: Elaboración do tríptico, produto final, que recolle a fotografía orixinal, o conto e o collage.
- Editamos un tríptico, que o alumnado levou para casa, onde se recolle o traballo realizado.
- Para maquetalo e embelecelo, as nenas e nenos, tiveron que decorar os puntos de unión das tres cartolinas que empregamos. Usamos rotuladores de acetato para poder trazar sobre o celo.
- Na portada figuraba o debuxo orixinal do monstro realizado por cada neno e nena.
- Na contraportada recollimos as ilustracións realizadas polos 25 nenos e nenas da aula.
- Ao abrir a portada aparece a fotografía orixinal e unha breve descrición do proceso realizado dirixido ás familias.
- Na seguinte apertura figura o conto orixinal individual e a ilustración.
- Unha copia de todos os contos e ilustracións quedou recollida nun libro de aula.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0