Saltar navegación

Fotografía e contos. Arte e letras.

Obxectivo xeral

O obxectivo xeral desta secuencia didáctica é que o alumnado edite un conto individual, con certa calidade (coherencia título-contido, descripción personaxe principal, estrutura de texto narrativo e uso de conectores), onde o espazo no que se desenvolverá a acción ven dado por unha fotografía que elixirán libremente entre unha selección.

As imaxes do REA correspóndense coa implementación desta secuencia didáctica nun aula de 5º de Educación Infantil (4 anos) no CEIP PÍO XII de Santiago de Compostela

Xustificación

No tempo das tecnoloxías a fotografía, ademais dun recurso material, é considerada un arte. Son moitas as webs e os blogs de afeccionados que reflexionan sobre este aspecto.

Citando por exemplo a Miguel Oriola : La fotografía es hoy el arte. Y como el arte, libre. El artista construye imágenes lentas que se oponen a la estética de la instantánea. […] La fotografía pasa a ser el soporte donde el autor expresa su discurso y no el objeto de adoración por sus gamas de grises y otros alardes técnicos o compositivos.

Na web xatakafoto, din textualmente “Actualmente la fotografía está considerada como un arte más, esto es, la cámara fotográfica al igual que el pincel y el lienzo se ha convertido en una herramienta imprescindible para que muchos artistas expresen sus emociones. Pero al igual que la mayoría del arte contemporáneo en la fotografía la idea que se vende es incluso más importante que la propia obra. Es decir, que la idea de la obra prevalece sobre sus aspectos formales”.

http://www.xatakafoto.com/opinion/la-fotografia-como-obra-de-arte

Como docentes preocupados pola realidade socio cultural do noso alumnado queremos presentar unha visión artística da fotografía, xa que o seu valor como documentadora de procesos xa empeza a ser valorado nas nosas aulas.