Saltar navegación

Primeira voz

Si, a primeira voz correspondíase coa liña verde...

Agora escoita este vídeo onde a primeira voz soa destacada.

Podes pausar o vídeo por partes para aprender a melodía mellor.

Ao inicio interprétase unha introducción facendo o ritmo básico da canción 

sobre as notas máis importantes: Mi e Si

 

Fíxate ben nalgunhas peculiaridades do texto cantado.

  • Acentuación. A primeira palabra "cinco" leva o acento musical na segunda sílaba cin-co 

  • Sinalefas. Onde dúas sílabas se unen nunha mesma nota:   cin-co_a-mo-res   . Podes identificar máis sinalefas no alalá?

  • Idioma. Moitas veces atopamos na música popular letras ou palabras soltas en castelán. Por exemplo "colores"

Actividade

No seguinte video poderás comparar a melodía da primeira voz coa súa partitura.

  • Descarga

Descarga pinchando aquí a partitura da primeira voz.

Nos 4 primeiros compases interpretamos o acompañamento con percusión corporal. No quinto compás entraría a 2ªvoz.