Movémonos co ritmo
|
Para empezar, intenta reproducir con percusión corporal o ritmo que escoitarás no reproductor da esquerda. Podes utilizar palmas nas pernas, nas cadeiras ou peito. Explora o son que máis che guste e no que esteas máis cómodo. Lembra levar sempre un pulso constante, isto é moi importante para facer música en grupo.
|
|
Durante séculos o ser humano tivo a necesidade de preservar a música que facía. Así apareceron diversos sistemas de notación musical para indicar a altura, duración, intensidade dos sons con exactitude. A partir da Idade Media empézase a empregar, no ámbito eclesiástico, un sistema de notación que evolucionará hacia o noso actual, con pentagramas, notas, figuras, silencios, etc. O anterior debuxo representa de forma aproximada o ritmo que escoitaches máis arriba. Saberías interpretalo seguindo eses signos? Como representamos a acentuación, as partes fortes e as débiles? |
|
|

