Cinco xustilliños
|
Reproduce este audio para escoitar o alalá |
"Cinco Xustilliños" é un alalá, un canto popular arcaico de ritmo libre interpretado sen acompañamento instrumental (a cappella). Era cantado cun tempo pausado e con certa liberdade recreadora. Moitas veces, despois de interpretar a melodía do alalá, repetíanse os dous últimos versos da melodía co "ailalelo, ailalalo". A versión que vos presentamos deste alalá, dispón de dúas voces polifónicas e un acompañamento coreográfico con percusión corporal.
*O Xustillo é unha peza de vestir tradicional femenina, sen mangas, apertada ao corpo que chegaba ata a cintura. |