Cancións galegas: unha introducción á polifonía con TIC
Aprendendo a coreografía
Non hai que ser un Nijinski para aprender esta coreografía! Tan só segui-lo ritmo e face-los xestos con algo de gracia, no estilo que cadaquén lle queira dar.
- A introdución, e máis a súa reaparición a dúas voces no comezo da segunda parte, báilanse libremente.
- Observa que cada frase consta de oito pulsos (dous compases de 4/4); coida de ir contando sempre os pulsos para axusta-los movementos coa música.
- Cada estrofa ten a súa coreografía. Cando se canta a dúas voces, cada grupo fai a coreografía correspondente á parte que canta.
- Aquí terás unha partitura adxunta na que podes ver a duración de cada xesto dentro do compás. Pasando a páxina desta unidade, atoparás tamén un esquema da coreografía paso a paso en relación cos pulsos da música, se precisas aclarar algo.
Pincha aquí para ve-la partitura con coreografía.
Cando a saibas, pincha aquí para probar de bailar coa música.
Listo todo o mundo? Comencemos!