Saltar navegación

Descubrimos a forma musical

     Escoita o canto de berce "Paxariños que voadesimaxina

     que estás acougando un meniño para dormilo mentras lle cantas: 

"Paxariños que voades

polas follas do loureiro

      deixade dormir meu neno        

que está no sono primeiro,

deixa de durmir meu neno

que está no sono primeiro."

         

Actividade

Identifica na audición anterior a forma na que se presentan as dúas melodías principais de este arranxo ( A e B )

  1. Primeiro hai unha introducción con un motivo de cinco notas ascendentes (e-e-e-e-a). Esta introducción repítese dúas veces.
  2. Preséntase a primeira melodía (A) que se parece moito ao motivo anterior pero descendente, coa letra "Paxariños que voades.... "
  3. Repítese o mesmo que na introducción.
  4. Entra o tema, ou melodía, B e se establece por primeira vez unha polifonía a dúas voces. Esta parte repítese de novo.
  5. Finalmente rematamos alongando os últimos compases a modo de coda final, diminuendo o tempo e a intensidade. 

forma musical dúas voces

  • Descarga

Explora a partitura de "Paxariños que voades" para comprobar a forma musical que aprendiches previamente.