Saltar navegación

Escoita a estrutura

                     1ªParte                               2ªParte      

  INTRODUCIÓN       PONTE Á SEGUNDA PARTE
1ª ESTROFA QUODLIBET
2ª ESTROFA CODA

  

         


  • Imos examina-la estrutura desta canción. Podemos dicir que ten dúas partes ou seccións, a primeira cantando todos ó unísono, a segunda facendo dúas voces diferentes. Na primeira sección soan melodías diferentes, e na segunda xúntanse estas melodías facendo un quodlibet.

  • Un quodlibet (do latín "como gostes") en música é unha composición de contrapunto na que se simultanean cancións ou melodías populares.

  Neste caso, a melodía popular é a da primeira estrofa, mais cunha letra diferente da orixinal.

 

  • Nas páxinas que seguen dentro deste apartado, poderás escoitar cada unha das partes da canción.

  Trata de seguilas pola correspondente partitura. Se a queres descargar, clica sobre o nome de cada fragmento e a partitura abrirase noutra lapela.