Saltar navegación

Examinando a canción

  • Ímonos fixar no ritmo das diferentes partes, xa que as dúas voces os cantan nalgún momento e nos axudarán a identificar cada melodía.

  • No comenzo hai unha frase que emprega un ritmo de tresillos, baixando encaracoladamente coma lembrando a entrada dunha gaita.

  Escoita tresillos coma os que soan nesa frase que abre a canción:

  

  • Durante a primeira melodía soa case todo o tempo este motivo rítmico, agás nos finais de compás: 

   

Hai un verso que varía un pouco este motivo, sabes cal é?

  • Por outra banda, a segunda das melodías comenza con notas longas, aínda que despois cambia de ritmo:

Aparece o ritmo anterior nalgún momento desta segunda melodía?

  • Fíxate que nesta segunda melodía, o piano acompaña cun ritmo a contratempo do que se canta: