Saltar navegación

O texto

                         
  • Agora practicaremos o texto da canción. Verás que algunhas palabras están acurtadas á maneira coloquial da fala, para encaixalas no ritmo. 
  • Pasando a páxina atoparás os karaokes para practicar o texto de cada voz.                                                                               

Se queres bailar teño unha canción bonita,

sinxela, pra move-las pernas e o corazón.

Bota unha perna a un lado e ó outro,

levanta os brazos e pega no ar.

Vira pra un lado e saúda ó veciño,

chócalle as cinco e volve virar.

Bate ben os ombros, non teñas vergoña,

pero se non che gusta sempre podes rebrincar.

Volta, volta e volta voltar.

Voltas dá a vida, e o que foi non volta máis.

Anque o mundo non se para, ti ás veces podes parar.


Todos podemos parar!