PRINCIPAL

Saltar navegación

1-b- As consoantes

O xe /Š/ (observa tamén os dous sons que representa a letra "c")

Pirixel comín,
pirixel ceei
e cando mexe,
desperexilareime.

O "gue" e a "gheada".

Eu namorar, eu namorar, eu namoreime,
eu namoreime na beira do mar,
enguedellar, enguedellar, enguedelleime,
enguedelleime na beira do mar.

Eu namoreime dunha rapaciña,
xa non me puiden desenamorar.

Efectúa dúas lecturas deste trabalinguas, unha vez pronuncia o fonema velar ("gue") e outra o farínxeo ("gheada").

O "n" alveolar /n/ e o velar ("nh") / ŋ /

Pronuncia en voz alta as seguintes palabras, observando a diferenza de pronuncia:

/n/

Nada, Ana, noso, renovar.

Non o quero. (Observa que se pronuncia no-no...)

Pois non as vexo. (Observa que se pronuncia no-nas...)

/ ŋ /

Unha, ningunha, algunha

Non quero azucre no café



Actividade

Le en voz alta as seguintes palabras:

Cecilia, querubín, coquina, cociña, cirio, cacería, caza, cera.

Miguel, guitarra, gueto, gota, exangüe, garaxe, gorxa.

Xerra, caxato, exasperar, excepción, exemplo, taxi.