PRINCIPAL

Saltar navegación

1- Dominio fonolóxico

Estuda, se non o fixeches aínda, o tema "Fonética e fonoloxía" ao que accederás dende a portada de inicio. Se xa o fixeches, repasa os coñecementos consultando esta aplicación web que recolle os fonemas do galego e a súa articulación (da autoría de Manuel Rosales Graña e Ana Rial Aparicio) e practica:

Ligazón: http://cotovia.org/fonetica/index.html

Fai os exercicios que che propoñemos a continuación. Despois, autoavalía a túa competencia. Se che parece que fallas na ruta fonolóxica axudaranche as actividades orais nas que teñas que identificar, recoñecer, clasificar, descompoñer, comparar palabras, sílabas e sons; tamén as actividades escritas: crucigramas, sopas de letras...

Ter conciencia fonolóxica implica dominar o principio alfabético, é dicir, comprender que as letras teñen asociado un son específico. Os alumnos que non desenvolveron adecuadamente a conciencia fonolóxica teñen máis probabilidades de ter dificultades de aprendizaxe da lectura.