PRINCIPAL

Saltar navegación

1-a- As vogais

 
  • Cal se pronuncia con "o" aberto?

  • 1- O partido foi en Lugo

  • 2- Ao partido foi en bus

A solución correcta é a

Habilitar JavaScript

Pronuncia en alto e observa ben as diferenzas entre /o/ aberto e /o/ pechado

O sol reloce no aire,

o aire arrandea a pallada,

e no medio da trigada

o PASPALLÁS:

pas, pa-llás

pas, pa-llás.

(Uxío Novoneyra)

Pronuncia en alto e observa ben as diferenzas entre "a" e "á", "o" e "ao"

Sexa Ulises a túa guía,

ao viaxar pola túa vida, compañeiro,

tapona os teus ouvidos contra toda serea,

átate ao duro mastro da túa barca

e, obediente á túa búsola secreta,

pon rumbo á aventura irrenunciábel:

a viaxe cara a ti mesmo”.

(J.L. Sampedro)

Practica a pronuncia dos ditongos (le en voz alta)

O que pouca capa gasta,
pouca capa paga;
eu que pouca capa gastei,
pouca capa paguei.

Le en voz alta

¡Loubar eu loubara, María Balteira,

túa saia leda!

(...)

¡Túa saia leda
que non loubarei!
Túa saia leda
que non loubarán:
con frior de seda
e quentor de lan.

Do poema de Lorenzo Varela "María Balteira", Catro poemas para catro gravados" (1944)

A sinalefa

  • A sinalefa é a unión na fala da última vogal dunha palabra coa inicial da palabra seguinte. É un trazo distintivo da lingua galega oral (non da escrita), polo que debemos tela en conta para falar ben a nosa lingua.

    Vexamos:

    De entre eles”: pronúnciase dentreles.

  • O timbre da vogal é o da inicial da segunda palabra:

    En “vende exames” pronunciarase vendExames, con e aberto.

    En “vende esterco” pronunciarase vendesterco, con e pechado.

  • A vogal final de palabra desapare cando vai seguido dun “a” (“de aquí a pouco”: daquí a pouco) e dun “o” “cousa de homes” cousa domes).

    A ortografía xa prescribe esta contracción nos topónimos:

    Da Coruña, da Laracha, da Rúa...

  • Exemplos tomados de Manuel González (do programa de TVG Ben falado!)

Autoavalíate

Grávate lendo o seguinte texto (só despois de te escoitares preme na pestana inferior de retroalimentación):

No poemario Lonxe, de Lorenzo Varela, achamos esa idealización da paisaxe perdida e a imposibilidade do reencontro coa Terra, que conducen ao ensoño, ao esquezo e á morte. Fala de homes e mulleres reais que viviron a guerra.