Código Octopus

Programación multidisciplinaria con Scratch na Educación Primaria e Secundaria

A faneca rabuda

Reto:

Imos crear un xogo no que necesitamos unha listaxe de obxectos. Por exemplo, debemos recoller lixo da praia, pero teremos que andar con pés de la, para que non nos traben as fanecas. Cada vez que atopamos un obxecto engádese á listaxe. Aínda necesitamos engadirlle algunhas cousas, pero empezamos por aquí:

[Scratch: A faneca rabuda]
Debes recoller todo o lixo que poidas do mar, pero anda con tento, que hai fanecas bravas. Se te traba unha, remata o xogo.

Código:

Podes ver o código na páxina do xogo.

Propostas de mellora:

  • Engade máis obxectos
  • Cada obxecto atopado vale uns puntos. Indica o valor de cada un e a puntuación acadada.
  • Fai que o obxecto máis valioso apareza con menor frecuencia.
  • Engade “saúde”. En cada trabada dunha faneca réstase saúde, ata que xa non podes máis e remata o xogo.