Código Octopus

Programación multidisciplinaria con Scratch na Educación Primaria e Secundaria

Instalación

Traballando Online

Unha das maiores vantaxes que supón o uso de Scratch como linguaxe de programación na educación é a marabillosa comunidade que hai detrás, que podes atopar en http://scratch.mit.edu. Nela poderás atopar os xogos e programas que os usuarios e usuarias comparten, ver o seu código e mesmo mesturalo, creando unha copia do mesmo na túa conta. Todos os xogos compartidos teñen licenza creative commons cc-by-sa , o que facilita a transmisión da cultura e o máximo aproveitamento dos recursos. Ademais está dispoñible en infinidade de idiomas, entre os que está o galego.

Crear unha conta é moi sinxelo, pois só tes que premer no botón Unete a scratch. Na nova conta creada podes programar e gardar os teus xogos, mesturar e modificar os interesantes e mesmo descargar o teu proxecto no ordenador para seguires traballando sen conexión.

Os novos “scratcheadores” teñen practicamente todos os privilexios dos menos recentes, agás o de empregaren as variables na nube. Poderás ademais participar nos foros de axuda, moi activos na actualidade.

Lembra: Se queres cambiar o idioma diríxete á parte inferior da páxina e selecciónao.

Páxina de Scratch

Instalación

Lamentablemente non todas as conexións de internet son  rápidas dabondo para poder traballar online. O que podes facer nese caso é descargar o programa para o teu ordenador.  Nos equipos Abalar dos centros galegos xa está instalada a versión 1.4. A maioría dos programas creados coa versión superior 2.0 funcionan tamén para esta versión. Pero xa está dispoñible na rede a versión 2.0 (A distribución Minino xa a ofrece no seu paquete e en galego).

version offline de scratch

Versión de Scratch 1.4 instalada nos equipos Abalar

version offline

Versión de Scratch 2.0

Como instalar a versión de Scratch para traballar sen conexión a internet

1. Instala Adobe Air: É un paquete que se precisa para que funcione o asistente de instalación de Scratch.  Para  GNU/Linux  emprega AIR 2.6.0 para GNU/ Linux (15MB). Para Windows e Mac instala  Adobe AIR.

2. Instala o programa Scratch: Descarga e instala  Scratch 2.0 installer, que é un asistente que se executa co Adobe AIR,  programa anteriormente instalado.

3. Actualizacións: O editor actualízase a si mesmo (pedindo permiso á administración do equipo). Podes empregar o comando “buscar actualizacións”, do menú ficheiro.