Código Octopus

Programación multidisciplinaria con Scratch na Educación Primaria e Secundaria

S4A: Scratch for Arduino

Podemos realizar proxectos nos que se interacciona co mundo físico utilizando Scratch for Arduino (S4A), unha versión modificada de Scratch preparada para interactuar con placas Arduino.

Esta sección de Código Octopus está aínda por desenvolver, e proximamente teredes aquí algunhas propostas de prácticas e proxectos con S4A. Mentres agardades por eles podedes ir botándolle unha ollada ás seguintes ligazóns, por se queredes irvos animando a desenvolver os vosos proxectos.

Arduino:

Arduino é unha placa electrónica aberta coa que se poden crear infinidade de prototipos de interacción coa contorna física. A partir da información recibida de sensores a través dos pins de entrada, e seguindo as instrucións do programa que realicemos, podemos controlar unha serie de actuadores (luces, motores, etc.) a través dos pins de saída. Deste xeito creamos contornas e obxectos interactivos.

arduino

S4A: Scratch for Arduino

S4A é unha modificación de Scratch desenvolvida polo Grupo de Programación Smalltalk do Citilab que permite programar a plataforma de hardware libre Arduino dunha forma sinxela. Proporciona bloques novos para tratar con sensores e actuadores conectados a unha placa Arduino.

s4a

Fritzing

Fritzing é un software de código aberto que permite ilustrar e documentar prototipos de arduino. Pode resultar moi útil para os nosos proxectos.

fitzing