Código Octopus

Programación multidisciplinaria con Scratch na Educación Primaria e Secundaria

Polbo debuxa polígonos

Un xeito de coñecer as características dos polígonos regulares é programando aplicacións que os debuxen. Con esta proposta aprendemos xeometría programando.

Debuxar unha figura en cada programa

Por exemplo, sabemos que para obter un hexágono necesitamos debuxar 6 lados iguais separados un ángulo de 60ºentre si. Con Scratch démoslle ao polbo as instrucións precisas para que debuxase un hexágono.

[Scratch: Xeometría: Hexágono]

Código:

hexagono

Melloras:

  • Podemos cambiar a cor do lapis cada vez que vai debuxar un dos lados, para que quede unha figura de cores.
  • Tamén podemos cambiarlle o disfrace ao polbo a medida que vai debuxando para que haxa unha mellor sensación de movemento

Proposta:

  • Facer programas que debuxen outros polígonos regulares: cadrado, pentágono, octógono, etc.

 

Debuxar varias figuras no mesmo programa

Podemos utilizar un mesmo programa para debuxar os polígonos regulares que queiramos. Para iso imos preguntar cantos lados queremos.Unha variable “lados” recolle a resposta, calcúlase o ángulo (360º/nºde lados) e o polbo debuxará o polígono regular desexado.

[Scratch: Xeometría: Polígonos regulares]

Código

poligonos1

Depurando:

  • Se introducimos un número elevado de lados, o debuxo non cabe na pantalla e defórmase, polo que non podemos obter todas as figuras que queiramos. Como podemos facer para que o debuxo sempre caiba na pantalla?
    (Pista: Podemos crear unha variable “pasos” que será menor a medida que aumente o número de lados. Tamén podemos xogar coa posición de inicio do debuxo.)

Melloras:

  • Ao final, no canto de dicir “Xa está!” podería dicir o nome do polígono que debuxou.

 

Proposta: Debuxar polígonos regulares estrelados

Deseña un programa que constrúa polígonos regulares estrelados. Busca información sobre como se constrúen e fai que o polbo sexa quen de debuxalos.

647px-Estrellas.svg

Pista: Para unha estrela cun número impar de picos o ángulo é = 180 +  (360/picos) / 2

Posible solución:

Intenta facer ti o programa antes de veres o código desta solución, pois seguramente atoparás unha mellor forma de facelo.

[Scratch: Xeometría: Polígonos regulares estrelados]

Máis figuras xeométricas

Non só imos debuxar polígonos. Como debuxarías un círculo en Scratch? E unha espiral?

Ánimo, que seguro que che sae!