Código Octopus

Programación multidisciplinaria con Scratch na Educación Primaria e Secundaria

Facer operacións coas variables

Problema:

 O polbo Paul foi moi famoso por “predicir” os resultados dalgúns partidos da Eurocopa do ano 2008 e do Mundial do ano 2010. Agora este polbo tan listo volve con nós para facer operacións matemáticas tan complexas como logaritmos e raíces cadradas. Proba a facer dúas operacións como as que fai o noso Paul.

[Scratch: O polbo Paul]

Proposta de solución:

Na nosa solución o xogador ou xogadora debe escoller que operación fai Paul. Cada un deses obxectos actuaría como un botón que envía unha mensaxe a Paul para que faga a operación indicada. O novo bloque que se encarga de facer as operacións fai todas estas:

operacións

Despois empregaremos o bloque  dime un número que xa explicamos no titorial para saudar a unha persoa  polo seu nome.

O programa completa quedaría do seguinte xeito:

logaritmoprograma logaritmo

 

raices cadradasprograma raiz cadrada

Paulprograma paul

Exercicios complementarios:

  • Fai que Paul pareza moverse cando fale.

Créditos:

Basado en titoriais de Scratch