Principal Introducción Conceptos previos Tipos de compostos Alcanos Alquenos Alquinos Hidrocarburos cíclicos Hidrocarburos aromáticos Haloxenuros de alquilo Alcohois Fenois Éteres Aldehidos Cetonas Ácidos carboxílicos Ésteres Aminas Amidas Nitrocompostos Nitrilos Exercicios Moleculas en bolas Táboa Periódica

FENOIS

 

¿Que son?

    Son derivados aromáticos que presentan grupos "hidroxilo", -OH. 

    Os fenois teñen certo carácter ácido e forman sales metálicas. 

    Atópanse amplamente distribuídos en productos naturais, como os taninos.   

Volver ó principio

¿Como se nomean?

    Noméanse como os alcohois, coa terminación "-ol" engadida ó nome do hidrocarburo, cando o grupo OH é a función principal. Cando o grupo OH non é a función principal utilízase o prefixo "hidroxi-" acompañado do nome do hidrocarburo.

1,2-bencenodiol

    Se o benceno ten varios substituintes, diferentes do OH, numéranse de forma que reciban os localizadores máis baixos dende o grupo OH, e ordénanse por orde alfabética. No caso de que haxa varias opcións decidirá a orde de preferencia alfabética dos radicais.

2-etil-4,5-dimetilfenol

Volver ó principio

Se nos dan a fórmula

    Comeza a contar polo grupo OH e no sentido que se consigan localizadores máis baixos para os radicais. Nomea os radicais cos localizadores seguidos de benceno terminado en -ol.

Volver ó principio

Se nos dan o nome

    Sobre o benceno coloca os localizadores para situar os radicais e os grupos OH. Completa logo os hidróxenos que falten.

Volver ó principio

Exemplos

bencenol

hidroxibenceno

(fenol)

1,2-bencenodiol

(pirocatecol)

1,3-bencenodiol

(resorcinol)

1,4-bencenodiol

(hidroquinona)
4-etil-1,3-bencenodiol
2-etil-5-metil-bencenol

Volver ó principio

Exercicios

Exercicio 1 Exercicio 2

Volver ó principio