Principal Introducción Conceptos previos Tipos de compostos Alcanos Alquenos Alquinos Hidrocarburos cíclicos Hidrocarburos aromáticos Haloxenuros de alquilo Alcohois Fenois Éteres Aldehidos Cetonas Ácidos carboxílicos Ésteres Aminas Amidas Nitrocompostos Nitrilos Exercicios Moleculas en bolas Táboa Periódica

INTRODUCCIÓN. 

¿Que haberá dentro?

Peza de Sargadelos  (Museo de Belas Artes da Coruña)

    ¿Queres repasar a Formulación Orgánica? Esta web vaiche axudar. Xa que presenta os principais tipos de compostos orgánicos e como se formulan conforme á normativa da IUPAC

    Para cada tipo de compostos tes unha breve explicación e algúns exemplos. Os gifs animados pretenden indicarche o camiño para dar cos nomes ou coas fórmulas dos compostos. Tamén tes exercicios onde poñer a proba o que vas aprendendo. Son exercicios tipo test. O botón "Corrixir" avalía os exercicios e che indica cal era a opción que debías elixir, e o botón "Borrar" permíteche repetir o exercicio se o cres conveniente.

    En "Moléculas en bolas" poderás disfrutar observando modelos en 3D. Non cho perdas.

    Nos exercicios finais poderás atopar os compostos que foron saíndo nas PAAU nos derradeiros anos.

    Ó final tes unha Táboa Periódica actualizada e con moitos datos de cada un dos elementos químicos.

    Espero que che sexa de grande axuda.

    Para resolver calquera dúbida que poidas ter envíame un correo a:

          jose.carlos.alonso@edu.xunta.es

Carlos Alonso (Profesor de Física e Química do I.E.S. Ricardo Mella de Vigo)