Principal Introducción Conceptos previos Tipos de compostos Alcanos Alquenos Alquinos Hidrocarburos cíclicos Hidrocarburos aromáticos Haloxenuros de alquilo Alcohois Fenois Éteres Aldehidos Cetonas Ácidos carboxílicos Ésteres Aminas Amidas Nitrocompostos Nitrilos Exercicios Moleculas en bolas Táboa Periódica

ALQUINOS

 

¿Que son?

    Son hidrocarburos de cadea aberta que se caracterizan por ter un ou máis triples enlaces, Carbono-Carbono.  

Volver ó principio

¿Como se nomean?

    En xeral a súa nomenclatura segue as pautas indicadas para os alquenos, pero terminando en "-ino".

    Máis interesante é a nomenclatura dos hidrocarburos que conteñen dobres e triples enlaces na súa molécula.

·        Neste caso, hai que indicar tanto os dobres enlaces como os triples, pero con preferencia polos dobres enlaces que serán os que dan nome ó hidrocarburo.

1-buten-3-ino

·        A cadea principal é a que teña maior número de insaturacións (indistintamente), pero buscando que os números localizadores sexan os máis baixos posibles. No caso de igualdade teñen preferencia os carbonos con dobre enlace.

4-(3-pentinil)-1,3-nonadien-5,7-diino

Volver ó principio

Se nos dan a fórmula

    Busca a cadea máis longa que conteña tódolos triples enlaces, neste caso é de 5 carbonos. Numera os carbonos comezando polo extremo que teña máis preto unha insaturación, é dicir, un triple enlace. Marca os radicais e fíxate a que carbonos están unidos. Nomea os localizadores seguidos dos nomes dos radicais por orde alfabética. Por último, nomea a cadea principal co prefixo correspondente e terminada en -ino.

Volver ó principio

Se nos dan o nome

    Escribe a cadea máis longa de carbonos, neste caso 5 carbonos. Sitúa os triples enlaces nos carbonos que nos indican os localizadores, o 1 e 4. Sitúa os radicais sobre a cadea coa axuda dos localizadores. Completa o esqueleto de carbonos con hidróxenos ata completar os catro enlaces de cada carbono.

Volver ó principio

Exemplos

etino (acetileno)
propino
1-butino
2-butino
etinilo
2-propinilo
1-propinilo
1-pentino

Volver ó principio

Exercicios

Exercicio 1 Exercicio 2

Volver ó principio