Principal Introducción Conceptos previos Tipos de compostos Alcanos Alquenos Alquinos Hidrocarburos cíclicos Hidrocarburos aromáticos Haloxenuros de alquilo Alcohois Fenois Éteres Aldehidos Cetonas Ácidos carboxílicos Ésteres Aminas Amidas Nitrocompostos Nitrilos Exercicios Moleculas en bolas Táboa Periódica

ÉSTERES

 

¿Que son?

    Son compostos que se forman ó substituír o H dun ácido orgánico por unha cadea hidrocarbonada, R'.

Volver ó principio

¿Como se nomean?

    Noméanse partindo do radical ácido, RCOO, terminado en "-ato", seguido do nome do radical alquílico, R'. 

etanoato de etilo ou acetato de etilo

    Se o grupo éster non é o grupo principal o nome depende de que sexa R ou R' o grupo principal.

    Se é R o grupo principal o substituinte COOR' noméase como alcoxicarbonil- ou ariloxicarbonil-.

ácido 3-etoxicarbonil-propanoico

    Se é R' o grupo principal o substituinte RCOO noméase como aciloxi-.

ácido 3-butanoiloxi-propanoico

Volver ó principio

Se nos dan a fórmula

    Numera os carbonos do radical ácido e sinala o radical que substitúe ó H do ácido. Nomea o radical ácido terminado en -ato seguido de "de" e do nome do radical alquílico.

Volver ó principio

Se nos dan o nome

    O esqueleto de carbonos do radical ácido o continúas co radical alquílico. Logo completa cos hidróxenos.

Volver ó principio

Exemplos

metanoato de metilo

(formiato de metilo)

etanoato de etilo

(acetato de etilo)
benzoato de etilo
propanoato de fenilo
3-butenoato de metilo
isopentiloato de isopropilo

Volver ó principio

Exercicios

Exercicio 1 Exercicio 2

Volver ó principio