HIDROCARBUROS CÍCLICOS
¿Que son?Son hidrocarburos de cadea pechada. Os ciclos tamén poden presentar insaturacións. Volver ó principio¿Como se nomean?Os hidrocarburos cíclicos noméanse igual que os hidrocarburos (alcanos, alquenos ou alquinos) do mesmo número de átomos de carbono, pero antepondo o prefixo "ciclo-".
Se o ciclo ten varios substituintes numéranse de forma que reciban os localizadores máis baixos, e ordénanse por orde alfabética. No caso de que haxa varias opcións decidirá a orde de preferencia alfabética dos radicais.
No caso de aneles con insaturacións, os carbonos numéranse de modo que ditos enlaces teñan os números localizadores máis baixos.
Se o composto cíclico ten cadeas laterais máis ou menos extensas, convén nomealo como derivado dunha cadea lateral. Nestes casos, os hidrocarburos cíclicos nomearíanse como radicais coas terminacións "-il", "-enil", ou "-inil".
Volver ó principioSe nos dan a fórmulaSitúa os localizadores sobre os carbonos do ciclo tendo en conta que debes conseguir os valores máis baixos para os mesmos. Nomea os radicais, cos correspondentes localizadores, por orde alfabética seguidos do nome do hidrocarburo de igual número de carbonos do ciclo, precedido do prefixo ciclo-. Volver ó principioSe nos dan o nomeSobre o ciclo de átomos de carbono sitúa os radicais a partir dos localizadores. Se hai un dobre enlace comézase a contar a partir do mesmo. Por último completa o esqueleto de carbonos cos hidróxenos. Volver ó principioExemplos
Volver ó principioExerciciosVolver ó principio |