Minichefs
Esta situación de aprendizaxe ten como obxectivo principal que o alumnado de 6º de primaria coñeza, traballe e extrapole á súa vida cotiá os números decimais, así como as fraccións e porcentaxes, de forma manipulativa e vivencial, asociándoos en todo momento coa vida diaria.
Por isto proponse a creación, por parte do alumnado, dun libro de receitas, que incluirá o orzamento dos ingredientes para cada prato.
Ao longo das cinco fases do REA trabállanse actividades en distintos formatos para que sexan accesibles a todo o alumnado, tendo en conta en todo momento o deseño universal para a aprendizaxe (DUA).