Saltar navegación

2. Contextualización curricular

Contextualización do REA na programación de materia

Este REA forma parte da proposta cREAgal para a área de Matemáticas de 6º curso de educación primaria. O seu deseño parte da programación modelo de Proens (versión 2, 01/07/2024), a cal se achega en formato PDF para facilitar a súa consulta.

A proposta de recursos cREAgal para esta área configura unha secuencia ordenada de nove REA que cobren integramente o currículo da área, establecéndose unha correlación directa coas nove unidades didácticas da programación modelo de Proens.

Relación dos REA coa programación modelo de Proens

Número de REA e título Unidade/s didáctica/s (Proens) Criterios de avaliación traballados % Peso Materia (Orientación de Proens) Temporalización
REA 1: "Los números y nuestra biblioteca" UD1: Os números naturais e a biblioteca CA1.2, CA1.3, CA1.4, CA1.5, CA1.6, CA1.8, CA4.3, CA4.4, CA4.5, CA4.9, CA6.4 12% 1º trimestre
REA 2: "Potenciando las diversiones" UD2: As potencias CA1.2, CA1.3, CA1.4, CA1.5, CA1.6, CA1.7, CA1.8, CA4.3, CA4.4, CA6.6, CA6.7 12% 1º trimestre
REA 3: "Minichefs" UD3: Unha aventura espacial CA1.1, CA1.5, CA1.6, CA1.7, CA4.1, CA4.4, CA4.5, CA4.6, CA6.1, CA6.8 12% 1º trimestre
REA 4: "Viaje de fin de curso" UD4: Os números enteiros CA1.2, CA1.3, CA1.4, CA1.5, CA1.6, CA1.8, CA4.3, CA4.4, CA4.5, CA4.9, CA6.4 12% 2º trimestre
REA 5: "Nuestra fiesta de primavera" UD5: Coas mans na masa: elaboramos receitas. CA1.3, CA1.4, CA1.5, CA1.6, CA1.8, CA1.9, CA4.4, CA4.8, CA6.3, CA6.6 12% 2º trimestre
REA 6: "Diseña tu moda" UD6: Proporcionalidade e porcentaxes CA1.1, CA1.3, CA1.4, CA1.5, CA1.6, CA1.7, CA4.3, CA4.4, CA6.5 10% 2º trimestre
REA 7: "Ruta matemática por Galicia" UD7: Medidas: lonxitude, capacidade, masa e tempo. CA1.2, CA1.4, CA2.1, CA2.2, CA2.3, CA2.4, CA2.5, CA2.6, CA2.7, CA2.8, CA4.2, CA6.2 10% 3º trimestre
REA 8: "Arte-Metría" UD8: O plano e as figuras xeométricas CA3.1, CA3.2, CA3.3, CA3.4, CA3.5, CA3.6, CA3.7, CA3.8, CA6.3, CA6.7, CA6.8 10% 3º trimestre
REA 9: "Compras con estrategia" UD9: Estatística CA1.3, CA4.7, CA5.1, CA5.2, CA5.3, CA5.4, CA5.5, CA5.6, CA5.7, CA5.8, CA6.1, CA6.6 10% 3º trimestre

Eixes da proposta didáctica

Esta proposta didáctica está baseada nos eixes da área "Matemáticas" de 6º curso de educación primaria:

  • Interpretar situacións da vida cotiá proporcionando unha representación matemática destas mediante conceptos, ferramentas e estratexias, para analizar a información máis relevante.
  • Resolver situacións problematizadas, aplicando diferentes técnicas, estratexias e formas de razoamento, para explorar distintas maneiras de proceder, obter solucións e asegurar a súa validez desde un punto de vista formal e en relación co contexto exposto.
  • Explorar, formular e comprobar conxecturas sinxelas ou formular problemas de tipo matemático en situacións baseadas na vida cotiá, de forma guiada, recoñecendo o valor do razoamento e a argumentación, para contrastar a súa validez, adquirir e integrar novo coñecemento.
  • Utilizar o pensamento computacional, organizando datos, descompoñendo en partes, recoñecendo patróns, xeneralizando e interpretando, modificando e creando algoritmos de forma guiada, para modelizar e automatizar situacións da vida cotiá.
  • Recoñecer e utilizar conexións entre as diferentes ideas matemáticas, así como identificar as matemáticas noutras áreas ou na vida cotiá, interrelacionando conceptos e procedementos, para interpretar situacións e contextos diversos.
  • Comunicar e representar, de forma individual e colectiva, conceptos, procedementos e resultados matemáticos, utilizando a linguaxe oral, escrito, gráfico, multimodal e a terminoloxía matemática apropiada, para dar significado e permanencia ás ideas matemáticas.
  • Desenvolver destrezas persoais que axuden a identificar e xestionar emocións ao enfrontarse a retos matemáticos, fomentando a confianza nas propias posibilidades, aceptando o erro como parte do proceso de aprendizaxe e adaptándose ás situacións de incerteza, para mellorar a perseveranza e gozar na aprendizaxe das matemáticas.
  • Desenvolver destrezas sociais, recoñecendo e respectando as emocións, as experiencias das e dos demais e o valor da diversidade, participando activamente en equipos de traballo heteroxéneos, mixtos e diversos con roles asignados, para construír unha identidade positiva como estudante de matemáticas, fomentar o benestar persoal e crear relacións saudables.
     

Esta situación de aprendizaxe relaciónase directamente cos seguintes Obxectivos de Desenvolvemento Sostibles (ODS):

  • ODS 3: Saúde e benestar.
  • ODS 12: Produción e consumo responsable.

Contidos, obxectivos específicos e competencias clave

Este REA, en relación coa programación didáctica de referencia publicada en Proens para a materia de Matemáticas de 6º de educación primaria, contextualízase na unidade didáctica 1.

Contidos Bloque da materia

C1.1 - Contaxe

  • C1.1.1 -Estratexias para contar e recontar sistematicamente e a súa adaptación do cálculo ao tamaño dos números, representación en situacións variadas e cotiás con explicación, comparación e reflexión sobre as estratexias e os procesos seguidos.
  • C1.1.2 -Realización de series ascendentes e descendentes como elemento facilitador do cálculo mental, con aceptación do erro como unha oportunidade de aprendizaxe.

C1.2 - Cantidade

  • C1.2.1 - Lectura, escritura, ordenación e representación de números naturais e decimais ata as milésimas en textos e contextos habituais.
  • C1.2.4 - Composición, descomposición e recomposición de forma manipulativa, gráfica e simbólica de números naturais e decimais ata as milésimas, con investigación de propiedades e relacións, explicación do proceso e interpretación do valor posicional das cifras.
  • C1.2.5 - Estimacións, aproximacións razoadas e redondeo de cantidades con números naturais e decimais ata as milésimas en problemas cotiáns resoltos con estratexias diversas, descrición da idoneidade das solucións e aceptación do erro como parte do proceso de mellora.
  • C1.2.6 - Expresión de fraccións e decimais en problemas sobre a vida cotiá; selección da expresión máis adecuada para cada situación.

C1.3 - Sentido das operacións

  • C1.3.1 - Estratexias de cálculo mental para resolver operacións con números naturais, fraccións e decimais en situacións habituais e significativas, con explicación das estratexias e os procesos seguidos, aceptación do erro como unha oportunidade para a aprendizaxe e como recurso para evitar a frustración.
  • C1.3.2 - Resolución de problemas contextualizados que impliquen a comprensión da utilidade das operacións aritméticas con números naturais, decimais e fraccións e o seu uso con flexibilidade e sentido, seguindo os procesos adecuados.
  • C1.3.5 - Creación e formulación de problemas que se resolvan mediante operacións aritméticas (con números naturais, fraccións, decimais e porcentaxes) baseados en situacións familiares e cotiás que permitan establecer conexións con experiencias propias.

C1.4 - Relacións

  • C1.4.2 - Comparación e ordenación de números naturais, decimais ata as milésimas e fraccións como solución de problemas de situacións cotiás, con interpretación e expresión do resultado exacto ou estimado da comparación e uso adecuado da simboloxía das relacións numéricas.
  • C1.4.4 - Estratexias manipulativas e gráficas para establecer relacións entre as operacións aritméticas de suma e multiplicación, suma e resta, resta e división, multiplicación e división, multiplicación e potencia, fracción e división; aplicación en contextos cotiáns.

C1.6 - Educación financeira

  • C1.6.1 - Resolución de problemas en situacións cotiás que requiran unha correcta administración do diñeiro e consumo responsable (valor/prezo, calidade/prezo, mellor prezo), con análise crítica de aspectos relacionados co diñeiro, usando textos cotiáns físicos (folletos, carteis, informes) ou dixitais para comparar e elixir a mellor opción nunha compra simulada.
  • C1.6.2 - Formulación e resolución de problemas que impliquen a elección dun produto para partir da análise das relacións valor/prezo e calidade/prezo entre as diferentes opcións buscadas, xustificación da decisión tomada e proposta de alternativas.
Bloque 1

C4.2 - Modelo matemático

  • C4.2.1 - Resolución de problemas da vida cotiá seguindo un modelo matemático con debuxos, esquemas, diagramas, manipulables, dramatizacións, guión de preguntas para a interpretación do enunciado, recoñecemento de datos útiles, elaboración e contraste de hipótese, procura do plan de acción, perseveranza na solución, simbolización e realización dos cálculos, comprobación de solucións, expresión clara e correcta do resultado, revisión da súa idoneidade, rectificación se é necesaria e explicación do realizado.

C4.3 - Relacións e funcións

  • C4.3.1 - Comparación de números, operacións e as súas propiedades con explicación das relacións de igualdade e desigualdade no contexto cotián e uso adecuado da simboloxía (=, >,<).
  • C4.3.2 - Obtención de datos sinxelos descoñecidos representados por medio dun símbolo ou compleción de datos en relacións de igualdade en xogos e retos matemáticos, con persistencia na obtención, contraste e comprobación de que o dato obtido é correcto.

C4.4 - Pensamento computacional

  • C4.4.1 - Estratexias para a interpretación, modificación e creación de algoritmos sinxelos relacionados co contexto cotián e o xogo nas regras de xogos, instrucións secuenciais, instrucións aniñadas e condicionais, bucles, patróns repetitivos, representacións computacionais, programación por bloques, robótica educativa.
Bloque 4

C6.1 - Crenzas, actitudes e emocións

  • C6.1.1 - Autorregulación das emocións que poidan facilitar ou prexudicar a aprendizaxe das matemáticas.
  • C6.1.2 - Recursos e estratexias para autorregular as emocións implicadas na frustración ante tarefas matemáticas, valoración do erro como oportunidade de aprendizaxe, fixación de metas e obxectivos realistas e alcanzables, autocontrol e adestramento positivo.
  • C6.1.3 - O reforzo verbal, fomento da participación, gradación das dificultades e identificación de fortalezas como estratexias para desenvolver un autoconcepto positivo ante as matemáticas desde unha perspectiva de xénero.
  • C6.1.4 - Estratexias para desenvolver a autoestima como medio para superar dificultades, confiar nas súas posibilidades, perseverar nas solucións e afrontar os retos matemáticos con seguridade.
  • C6.1.9 - Fomento da autonomía e aplicación de estratexias para a toma de decisións en situacións de resolución de problemas: valoración de alternativas, desenvolvemento da flexibilidade cognitiva, estimulación do razoamento, valoración do erro como oportunidade de aprendizaxe e reforzo dos logros.

C6.2 - Traballo en equipo, inclusión, respecto e diversidade

  • C6.2.1 - Expresión de actitudes empáticas inclusivas e non discriminatorias durante a realización das tarefas matemáticas en equipo, mostrando actitudes de comprensión das emocións e experiencias das demais persoas e de sensibilidade e aceptación da diversidade presente na aula.
  • C6.2.5 - Recoñecemento das contribucións de matemáticas e matemáticos a diversos ámbitos do saber como mecanismo de construción dunha identidade positiva propia.
Bloque 6

Obxectivos da materia traballados especificamente no REA:

Obxectivos Descrición
OBX 1 Interpretar situacións da vida cotiá proporcionando unha representación matemática destas mediante conceptos, ferramentas e estratexias, para analizar a información máis relevante.
OBX 2 Resolver situacións problematizadas, aplicando diferentes técnicas, estratexias e formas de razoamento, para explorar distintas maneiras de proceder, obter solucións e asegurar a súa validez desde un punto de vista formal e en relación co contexto exposto.
OBX 3 Explorar, formular e comprobar conxecturas sinxelas ou formular problemas de tipo matemático en situacións baseadas na vida cotiá, de forma guiada, recoñecendo o valor do razoamento e a argumentación, para contrastar a súa validez, adquirir e integrar novo coñecemento.
OBX 4 Utilizar o pensamento computacional, organizando datos, descompoñendo en partes, recoñecendo patróns, xeneralizando e interpretando, modificando e creando algoritmos de forma guiada, para modelizar e automatizar situacións da vida cotiá.
OBX 5 Recoñecer e utilizar conexións entre as diferentes ideas matemáticas, así como identificar as matemáticas noutras áreas ou na vida cotiá, interrelacionando conceptos e procedementos, para interpretar situacións e contextos diversos.
OBX 6 Comunicar e representar, de forma individual e colectiva, conceptos, procedementos e resultados matemáticos, utilizando a linguaxe oral, escrito, gráfico, multimodal e a terminoloxía matemática apropiados, para dar significado e permanencia ás ideas matemáticas.
OBX 7 Desenvolver destrezas persoais que axuden a identificar e xestionar emocións ao enfrontarse a retos matemáticos, fomentando a confianza nas propias posibilidades, aceptando o erro como parte do proceso de aprendizaxe e adaptándose ás situacións de incerteza, para mellorar a perseveranza e gozar na aprendizaxe das matemáticas.
OBX 8 Desenvolver destrezas sociais, recoñecendo e respectando as emocións, as experiencias das e dos demais e o valor da diversidade, participando activamente en equipos de traballo heteroxéneos, mixtos e diversos con roles asignados, para construír unha identidade positiva como estudante de matemáticas, fomentar o benestar persoal e crear relacións saudables.

Competencias clave e os descritores operativos traballados no REA:

Competencias clave Clave dos descritores operativos
CCL - Competencia en comunicación lingüística CCL1, CCL2, CCL3, CCL5
STEM - Competencia matemática e competencia en ciencia, tecnoloxía e enxeñaría STEM1, STEM2, STEM3, STEM4, STEM5
CD - Competencia dixital CD1, CD2, CD3
CPSAA - Competencia persoal, social e de aprender a aprender CPSAA1, CPSAA2, CPSAA3, CPSAA4, CPSAA5
CC - Competencia cidadá CC1, CC2, CC3, CC4
CE - Competencia emprendedora CE1, CE3
CCEC - Competencia en conciencia e expresión culturais CCEC1, CCEC2, CCEC3, CCEC4

Feito con eXeLearning (Nova xanela)