Criterios de avaliación e mínimos de consecución
| Códigos CA: descrición dos criterios de avaliación | Mínimos de consecución | Instrumentos de avaliación | Unidade didáctica (Proens) | % (Orientación de Proens) |
|---|---|---|---|---|
| CA1.1 - Elixir actitudes positivas ante novos retos matemáticos, tales como a perseveranza e a responsabilidade, valorando o erro como unha oportunidade de aprendizaxe. |
Mostar actitudes positivas ante retos matemáticos tales como o esforzo e a flexibilidade, valorando o erro como unha oportunidade de aprendizaxe. | TI | 3 | 5 |
| CA1.5 - Formular conxecturas matemáticas sinxelas, investigando patróns, propiedades e relacións de forma guiada. | Analizar conxecturas matemáticas sinxelas investigando patróns, propiedades e formación dos números decimais e as súas relacións, de forma pautada. | TI | 3 | 5 |
| CA1.6 - Formular novos problemas sobre situacións cotiás que se resolvan matematicamente. | Dar exemplos de problemas sobre situacións cotiás que se resolven matematicamente usando os números decimais. | PE (Non incluída no REA) | 3 | 20 |
| CA1.7 - Empregar ferramentas tecnolóxicas adecuadas na investigación e resolución de problemas. | Empregar a calculadora para resolver problemas relacionados co cálculo das operacións con números decimais. | TI | 3 | 5 |
| CA4.1 - Autorregular as emocións propias e recoñecer algunhas fortalezas e debilidades, desenvolvendo así a autoconfianza ao abordar novos retos matemáticos. | Autorregular as emocións propias e recoñecer algunhas fortalezas e debilidades, desenvolvendo así a autoconfianza ao abordar novos retos matemáticos relacionados cos números decimais |
TI | 3 | 5 |
| CA4.4 - Obter posibles solucións dun problema, seleccionando entre varias estratexias coñecidas de forma autónoma. |
Obter posibles solucións dun problema con números decimais, seguindo algunha estratexia coñecida de forma autónoma. | PE (Non incluída no REA) | 3 | 20 |
| CA4.5 - Formular conxecturas matemáticas sinxelas investigando patróns, propiedades e relacións de forma guiada. | Analizar conxecturas matemáticas sinxelas investigando patróns, propiedades e relacións dos números decimais de forma pautada. |
PE (Non incluída no REA) | 3 | 20 |
| CA4.6 - Modelizar situacións da vida cotiá utilizando, de forma pautada, principios básicos do pensamento computacional. | Automatiza situacións sinxelas da vida cotiá que se realicen paso a paso ou sigan unha rutina utilizando de forma pautada, principios básicos do pensamento computacional, para a resolución das situacións sobre números decimais. | TI | 3 | 5 |
| CA6.1 - Autorregular as emocións propias e recoñecer algunhas fortalezas e debilidades, desenvolvendo así a autoconfianza ao abordar novos retos matemáticos. | Identificar as emocións propias ao abordar novos retos matemáticos, relacionados cos números decimais, pedindo axuda só cando sexa necesario e desenvolvendo a auto-confianza. | TI | 3 | 10 |
| CA6.8 - Comunicar en diferentes formatos as conxecturas e procesos matemáticos, utilizando linguaxe matemática adecuada. | Explicar os procesos e ideas matemáticas, os pasos seguidos na resolución dun problema ou os resultados obtidos, nos problemas cos números decimais, utilizando unha linguaxe matemática axeitada en diferentes formatos. | TI | 3 | 5 |
| Lenda: %: Peso orientativo (o profesorado debe axustalo á súa programación); PE: Proba escrita, TI: Táboa de indicadores | ||||