Saltar navegación

3.1. Recomendacións de uso

Orientacións e recomendacións de uso

Recursos materiais necesarios

Os materiais necesarios para levar a cabo este REA, son:

  • Elementos manipulables que afiancen o concepto de número decimal, por exemplo, bloque multibase, policubos, regras...
  • Material funxible: lapis, ceras de cores, cadernos ou folios, cartolinas...
  • Calculadora e ordenador.

Proposta de agrupamentos para actividades grupais

Para a realización das actividades grupais, propoñemos que se fagan grupos de 3-4 alumnos e alumnas, nos que cada integrante adquira un rol determinado. Deste xeito, poderemos levar a cabo distintas técnicas de traballo cooperativo, co fin de que se fomente a empatía, o respecto pola opinión dos demais compañeiros e compañeiras, a toma de decisións e a resolución pacífica de conflitos.

Produtos finais

O reto consiste na elaboración dun receitario coas seguintes premisas:

  1. Haberá receitas de entrantes, pratos principais e sobremesas.
  2. As receitas incluirán ingredientes, cantidades, pasos para desenvolvela e imaxes.

O receitario crearase en equipo, e desenvolverase no documento que se entrega na fase 4Plantilla de presentación de las recetas en ODP.

Nel aparecen tamén: tempos de realización, número de comensais para os que se indica a receita e dificultade. 

Na seguinte fase proponse a presentación no receitario empregando este arquivo.

Por outra banda, na fase 1, ofrécese tamén a posibilidade de escribir as receitas no documento: Receita, en ODT ou en PDF. Adiántase para que poidan ir facendo a selección e a anotación durante toda a situación de aprendizaxe, e logo envorcalas na presentación.

Con anterioridade, haberá unha selección de receitas e dos seus ingredientes, analizando os prezos dos ingredientes e o orzamento total do prato (sen ter en conta as cantidades de cada un para elaboralo). En principio, non se consideran as cantidades de cada ingrediente para elaborala receita, porque na temporalización prevista (primeiro trimestre), aínda non se traballaron as medidas. Pero, se a persoa docente o considera axeitado (porque xa o coñecen do curso anterior), poderían terse en conta, sempre con axuda.

A idea é que os decimais se traten nos prezos, pero, como indicamos, podería facerse tamén nas cantidades.

Para este paso previo ofrécese unha ficha de recollida de datos na fase 4: Ficha de datos del recetario en ODT ou en PDF.

Os pasos para desenvolver este reto explícanse, tanto na fase 1 coma na 4, onde se indica que cada persoa do equipo deberá facer, polo menos, unha receita, que mais adiante unirase coas do resto do equipo, na fase 4.

Finalmente farase unha exposición conxunta na fase 5.

Enfoque multinivel do reto

Ao longo de toda a situación de aprendizaxe inclúese unha serie de tarefas e actividades variadas e adaptadas a diferentes niveis, para que o alumnado poida escoller.

Os produtos elaborados no reto pode entregarse en distintos formatos, o que garante posibilidade de abordalo con diferentes niveis de dificultade. Poden usarse tanto o documento dixital que está na fase 4, coma cartolinas, carteis...

Ademais, a dificultade das propias receitas elexidas facilita tamén o enfoque multinivel. A persoa docente pode dirixir aos equipos na elección dos pratos, ofrecendo a posibilidade de que sexan de baixa dificultade, media ou alta.

Por último, a actividade 3.4. Reinventa tradiciones, na que se fai a deconstrución dunha receita, permite profundar, cun nivel máis avanzado, nos contidos traballados.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)