Saltar navegación

2.2. Temporalización

Temporalización do REA

Este REA, correspondente á unidade didáctica 3 da programación didáctica de referencia en PROENS para a área de Matemáticas de 6º curso de educación primaria, está deseñado para realizar en 20 sesións dentro do primeiro trimestre.

A continuación inclúese unha estimación da temporalización recomendada para cada fase desta situación de aprendizaxe:

Fase Seccións Descrición do traballo a desenvolver Temporalización

Fase 1

"Entrando en la cocina"

1.1. Encendiendo fogones

1.2. Cocinando objetivos

1.3. Diario de aprendizaje

Sesións de motivación,  presentación do reto e a súa relación coa materia.

Primeira reflexión no diario de aprendizaxe.

1 sesión

Fase 2

"Eligiendo ingredientes"

2.1. Materias primas

2.2. Comparando precios

2.3. Sumando precios

2.4. La lista de la compra

2.5. Diario de aprendizaje

Sesións para recordar e utilizar os coñecementos xa adquiridos sobre a suma e resta con números decimais, resolvendo actividades, tanto individuais como grupais e multinivel. 

Reflexión sobre os coñecementos.

Resolución de desafíos relacionados cos números decimais, empregando suma e resta.

Segunda reflexión individual e grupal no diario de aprendizaxe.

4 sesións

Fase 3

"Comprando y creando"

3.1. Multiplica los gasos

3.2. Divide los gastos

3.3. Pon orden en las recetas

3.4.  Reinventa tradiciones

3.5. Aprovecha las ofertas

3.6. Innova en el postre

Adentrámonos nas operacións de multiplicación e división con números decimais.

Así mesmo, relacionamos os contidos coa resolución e invención de problemas da vida cotiá.

Propóñense actividades variadas, con exercicios, pequenos retos e resolución de problemas. Algunhas son individuais, en equipo ou multiniveladas.

Terceira reflexión individual e grupal no diario de aprendizaxe.

12 sesións

Fase 4

"Recetas con estrellas"

4. Recetas con estrellas

4.1. Evaluación del reto

Desenvolvemento do recetario.

Cuarta reflexión individual e grupal do diario de aprendizaxe.

2 sesións

Fase 5

"Exposición de recetas"

5. Exposición de las recetas

5.2. Coevaluación

5.3. Diario de aprendizaje

Nesta última fase lévase a cabo a exposición e avaliación do reto final.

Engádese unha rúbrica de coavaliación do reto final.

Última reflexión individual e grupal do diario de aprendizaxe.

1 sesión

Feito con eXeLearning (Nova xanela)