Minichefs
Esta situación de aprendizaxe ten como fío condutor a cociña, e todo o proceso para a preparación dun bo prato: desde a compra, co seu orzamento, ata a creación de receitas.
Como reto proponse a elaboración en equipo dun receitario, que recollerá os ingredientes e cantidades, tempos de elaboración, dificultades, variacións e orzamentos dos pratos propostos.
As metas a acadar son:
- Formular novos problemas sobre situacións cotiás que se resolvan matematicamente.
- Afianzar o concepto de número decimal, a súa ordenación e representación.
- Interpretar e realizar operacións con números decimais e a súa aplicación en situacións reais.
- Seleccionar unha estratexia, comparando entre varias, para resolver problemas que empreguen estes números.
- Realizar conexión dos coñecementos previos cos novos.
- Empregar a calculadora para a resolución de problemas de números decimais.
- Desenvolver destrezas sociais de traballo en equipo respectado as opinións dos demais.