Este REA, en relación coa programación didáctica de referencia publicada en PROENS para a materia de "Lingua Galega e Literatura" de 6º de Educación Primaria, contextualízase coa unidade 4 "Os meus sentimentos". Pola súa situación enmarcaríase no 2º trimestre.
O recurso aborda os contidos presentes no bloque 2 Comunicación Oral, no bloque 3 Comunicación escrita, no bloque 4 Alfabetización mediática e informacional e no bloque 6 Reflexión sobre a lingua e os seus usos no marco de proposta de elaboración de textos multimodais.
| Contidos |
Bloque da materia |
- Xéneros discursivos
- Elementos básicos de contido en textos orais (tema, fórmulas fixas, léxico, inferencias de información).
- Procesos: interacción oral
- Estratexias para a utilización da linguaxe oral como instrumento de comunicación e aprendizaxe: escoitar, recoller datos, preguntar, exposición de ideas e para a identificación e interpretación do sentido global do texto e de integración da información explícita de textos orais e multimodais sinxelos e a realización de inferencias para superar o seu sentido literal.
- Procesos: comprensión oral
- Comprensión global e específica de textos orais de diversa tipoloxía atendendo á forma da mensaxe (descritivos, narrativos, dialogados, expositivos) e á súa intención comunicativa (informativos, literarios e prescritivos), desenvolvendo unha valoración crítica e detectando usos discriminatorios da linguaxe verbal e non verbal.
- Audición, dramatización e reprodución de textos adecuados ao nivel que estimulen o seu interese e gustos.
- Procesos: produción oral
- Produción e reprodución de textos orais de diversa tipoloxía segundo o seu formato e intención comunicativa, adecuados ao nivel e que estimulen o seu interese. Pronuncia e entoación adecuadas nos distintos contextos, atendendo á particularidade fonética da lingua galega.
|
Bloque 2 |
- Xéneros discursivos
- Intención comunicativa e claves da tipoloxía textual básica: narración, descrición, diálogo, exposición e argumentación.
- Procesos: comprensión lectora
- Comprensión global e específica de textos diversos da literatura galega, atendendo á forma da mensaxe (descritivos, narrativos, dialogados, expositivos) e a súa intención comunicativa (informativos, literarios e prescritivos), desenvolvendo unha valoración crítica destes.
- Procesos: produción escrita
- Elaboración de textos, con presentación coidada, utilizando a lingua galega con intención comunicativa e creatividade.
|
Bloque 3 |
- Participación activa en comunidades lectoras a través da biblioteca escolar.
|
Bloque 4 |
- Lectura autónoma e comentada de obras ou fragmentos variados e diversos da literatura galega adecuados á súa idade e organizados en itinerarios lectores, iniciándose na súa análise.
- Progreso na construción da identidade lectora en textos da literatura galega. Estratexias para a expresión de gustos e intereses e para a valoración crítica elemental das obras.
- Interpretación autónoma e compartida das obras literarias en Lingua Galega a través de conversacións literarias, participando en comunidades lectoras de ámbito escolar e social.
- Valoración dos textos literarios e da literatura en xeral como vehículo de comunicación, como fonte de coñecemento da contorna, doutros mundos, tempos e culturas e como recurso de gozo persoal.
- Lectura expresiva, dramatización o interpretación de fragmentos atendendo aos procesos de comprensión e ao nivel de desenvolvemento.
- Análise acompañada da relación entre os elementos básicos da obra literaria (tema, protagonista, personaxes, trama, escenario) e a construción progresivamente autónoma do sentido da obra.
- Creación de textos literarios de maneira libre, en galego e con progresiva complexidade (léxico, estruturas, sentido estético) e a partir da apropiación e explotación dos modelos dados.
- Recoñecemento e elaboración guiada de textos literarios en prosa ou en verso (contos, lendas, poemas, adiviñas, cancións e teatro), valorando o sentido estético e a creatividade. Distinción entre os diferentes subxéneros. Coñecemento de lendas galegas, españolas e doutros países.
|
Bloque 5 |
- Modalidades oracionais en relación coa intención comunicativa.
- Estratexias para a construción guiada de conclusións propias sobre o sistema lingüístico a través de observación, transformación de enunciados (substitución, inserción, supresión, cambio de orde, manipulación), formulación e comprobación de hipóteses e contrastes co castelán e con outras linguas.
- Aproximación á lingua como sistema con distintos niveis: sons, letras, palabras, oracións e textos. Observación e comparación de unidades comunicativas básicas.
- Mecanismos de coherencia e cohesión elementais, con especial atención ás substitucións pronominais como mecanismo gramatical de referencia interna e á correlación temporal establecida mediante os distintos tempos verbais.
|
Bloque 6 |
Os obxectivos da materia que se traballan neste REA son os que seguen:
| Obxectivos |
Descrición |
| OBX 2 |
Comprender e interpretar textos orais e multimodais identificando o sentido xeral e a información máis relevante, e valorando con axuda aspectos formais e de contido básicos para construír coñecemento e responder a diferentes necesidades comunicativas. |
| OBX 3 |
Producir textos orais e multimodais con coherencia, claridade e rexistro adecuados para expresar ideas, sentimentos e conceptos; construír coñecemento; establecer vínculos persoais; e participar con autonomía e unha actitude cooperativa e empática en interaccións orais variadas. |
| OBX 4 |
Comprender e interpretar textos escritos e multimodais, recoñecendo o sentido global, as ideas principais e a información explícita e implícita, e realizando con axuda reflexións elementais sobre aspectos formais e de contido, para adquirir e construír coñecemento e para responder a necesidades e intereses comunicativos diversos. |
| OBX 5 |
Producir textos escritos e multimodais, con corrección gramatical e ortográfica básicas, seriando correctamente os contidos e aplicando estratexias elementais de planificación, textualización, redacción, revisión e edición para construír coñecemento e para dar resposta a demandas comunicativas concretas. |
OBX 6
|
Buscar, seleccionar e contrastar información procedente de dúas ou máis fontes, de forma planificada e co debido acompañamento, avaliando a súa fiabilidade e recoñecendo algúns riscos de manipulación e desinformación, para transformala en coñecemento e para comunicala de maneira creativa, adoptando un punto de vista persoal e respectuoso coa propiedade intelectual. |
| OBX 9 |
Reflexionar de forma guiada sobre a linguaxe a partir de procesos de produción e comprensión de textos en contextos significativos, utilizando a terminoloxía elemental adecuada para iniciarse no desenvolvemento da conciencia lingüística e para mellorar as destrezas de produción e comprensión oral e escrita. |
A continuación inclúense os descritores das competencias clave que marca a normativa vixente e que son traballadas neste recurso.
| Competencias clave |
Clave dos descritores operativos |
| Competencia en comunicación lingüística (CCL) |
CCL1, CCL2, CCL3, CCL5 |
| Competencia plurilingüe (CP) |
CP2 |
| Competencia matemática e competencia en ciencia, tecnoloxía e enxeñaría (STEM) |
STEM1, STEM2 |
| Competencia dixital (CD) |
CD1, CD2, CD3, CD4 |
| Competencia persoal, social e de aprender a aprender (CPSAA) |
CPSAA3, CPSAA4, CPSAA5 |
| Competencia cidadá (CC) |
CC2, CC3 |
| Competencia emprendedora (CE) |
CE1, CE3 |