Saltar navegación

2.1. Criterios e instrumentos de avaliación

Criterios de avaliación e mínimos de consecución

Lembramos que os criterios de avaliacions que aquí se amosan son os que coteñen a unidade didáctica 4 de PROENS. O peso orientativo que, neste caso, corresponde co establecido nas programacións de PROENS.

Códigos CA: descrición dos criterios de avaliación  Mínimos de consecución Instrumentos de avaliación Unidade didáctica (Proens) % (Orientación de Proens)

CA2.1 - Comprender o sentido de textos orais e multimodais sinxelos, recoñecendo o tema, as ideas principais e as mensaxes explícitas e implícitas, valorando o seu contido e os elementos non verbais e formais básicos.

Redacta resumos de obras literarias
incluíndo as ideas principais.

Táboa de indicadores 4 6
CA2.5 - Expresarse oralmente con coherencia para satisfacer necesidades de comunicación en diferentes situacións, cun vocabulario axeitado ao seu nivel a partir das experiencias e interaccións orais próximas. Expresa con claridade instrucións ou peticións, empregando un vocabulario axeitado. Táboa de indicadores 4 5
CA3.2 - Comprender distintos tipos de textos en lingua galega, valorando a lectura como medio para ampliar o vocabulario e como gozo persoal. Completa a lectura da maioría dos textos do seu interese, sen deixalos a medias. Táboa de indicadores 4 6
CA3.4 - Analizar, de maneira autónoma o contido e aspectos formais e non formais elementais de textos escritos e multimodais, valorando o seu contido, estrutura, calidade, fiabilidade e idoneidade en función do propósito de lectura. Resume textos narrativos como contos ou novelas con definición da trama e coa presentación dos personaxes principais. Proba escrita 4 7
CA3.9 - Acadar as destrezas e competencias lingüísticas a través do uso da lingua escrita. Amosa unha lectura fluída de textos literarios de calquera xénero. Táboa de indicadores 4 5
CA4.5 - Ler de maneira autónoma textos de diversas fontes, autores e autoras da literatura galega, compartindo a experiencia da lectura, avanzando na construción da súa identidade lectora e participando en comunidades lectoras no ámbito escolar. Amosa continuidade na lectura de textos nos momentos destinados á lectura na clase. Táboa de indicadores 4 6
CA4.6 - Compartir oralmente a experiencia de lectura participando, de forma autónoma, en comunidades lectoras de ámbito escolar. Comparte e matiza opinións persoais nos debates literarios. Táboa de indicadores 4 6
CA5.1 - Ler de maneira autónoma textos de diversos autores e autoras axustados aos seus intereses, facendo valoracións persoais das obras literarias de forma guiada para fomentar o gusto pola lectura e avanzar na construción da súa identidade lectora. Redacta a súa propia valoración sobre a lectura dun texto literario da súa escolla. Táboa de indicadores 4 6
CA5.3 - Valorar os textos literarios en calquera lingua e a literatura en xeral como vehículo de comunicación e como recurso de gozo persoal, utilizando a lectura como fonte de lecer e información. Amosa preferencias por algún tipo de literatura e explica as súas razóns. Táboa de indicadores 4 6
CA5.4 - Utilizar, con certa autonomía, as bibliotecas da aula, do centro e as virtuais, como escenario de actividades literarias compartidas. Participa activamente no club de lectura do nivel. Táboa de indicadores 4 5
CA5.5 - Incorporar a lectura expresiva e a comprensión e interpretación de textos literarios narrativos, líricos e dramáticos na práctica escolar. Participa con interese en representacións lidas e escenificacións teatrais. Táboa de indicadores 4 6
CA5.6 - Escoitar e ler textos literarios adecuados á súa idade, que recollan diversidade de autores e autoras, especialmente da literatura galega, relacionándoos en función dos temas e de aspectos elementais de cada xénero literario, e interpretándoos, valorándoos e relacionándoos con outras manifestacións artísticas ou culturais de maneira progresivamente autónoma. Asocia a lectura dun texto literario a unha época ou movemento cultural determinado. Táboa de indicadores 4 6
CA5.7 - Producir, de maneira progresivamente autónoma, textos sinxelos individuais ou colectivos con intención literaria, reelaborando con creatividade os modelos dados, en distintos soportes e complementándoos con outras linguaxes artísticas. Redacta un texto con intención literaria, cunha estrutura completa (presentación, nó e desenlace). Proba escrita 4 7
CA5.9 - Coñecer os diferentes tipos de textos literarios da tradición oral, establecendo diferenzas entre eles e o seu uso: poemas, cancións, contos, refráns e adiviñas. Recoñece textos literarios de tradición oral pola súa tipoloxía creando outros novos a partir de modelos. Proba escrita 4 6
CA6.2 - Producir en galego textos escritos e multimodais coherentes de relativa complexidade, en distintos soportes, seleccionando o modelo discursivo que mellor responda a cada situación comunicativa, progresando no uso das normas gramaticais e ortográficas básicas e mobilizando, de maneira puntualmente acompañada, estratexias sinxelas, individuais ou grupais, de planificación, redacción, revisión e edición. Elabora breves textos literarios con corrección gramatical e ortográfica. Proba escrita 4 6
CA6.4 - Revisar e mellorar os textos propios e alleos e emendar algúns problemas de comprensión lectora, de maneira progresivamente autónoma, a partir da reflexión metalingüística e interlingüística e usando a terminoloxía básica adecuada. Reelabora textos de creación propia elaborados con anterioridade mellorando a súa claridade e cunha maior riqueza de vocabulario. Táboa de indicadores 4 5
CA6.6 - Aplicar os coñecementos sobre as categorías gramaticais e as regras de ortografía, tendo en conta aspectos diferenzas co castelán, para favorecer unha comunicación máis eficaz. Recoñece nun texto escrito os grupos nominal e verbal identificando nomes, verbos, adxectivos e adverbios. Proba escrita
4 6
 Lenda: %: Peso orientativo (o profesorado debe axustalo á súa programación); PE: Proba escrita, TI: Táboa de indicadores 

Actividades e instrumentos empregados no REA

A continuación preséntase a táboa de criterios de avaliación relacionados coas actividades. Tamén se indica a ubicación exacta a actividade no REA. Por último indícase o instrumento de avaliación empregado para cada actividade. Deben terse en conta unha serie de cuestións:

  • Neste REA non se inclúen as probas escritas dos Criterios de Avaliación (CA) que en PROENS se avalían con ese tipo de instrumento. Porén, os CA, serían perfectamente avaliables  coas actividades que aquí se propoñen e os instrumentos alternativos que se facilitan; ou no seu defecto axudan a preparar para a súa avaliación.
  • Cando na táboa que segue se sinala unha actividade con “Proba escrita” como instrumento empregado, isto significa que é preciso que o alumnado realice unha produción escrita en menor ou maior medida. Algunhas delas son xa retroalimentadas algo que se indica co texto “Proba escrita con retroalimentación”.
Criterios de avaliación Actividades ou exercicios/ Seccións do REA Instrumentos empregados
CA2.1 - Comprender o sentido de textos orais e multimodais sinxelos, recoñecendo o tema, as ideas principais e as mensaxes explícitas e implícitas, valorando o seu contido e os elementos non verbais e formais básicos.
  1. Permitídeme sentir e sentide conmigo. ( Sección 2>>2.1.Historias-emocións compartidas)
  2. Visualiza e opina (Sección 2>>2.2. Os textos literarios: orais e escritos. Expositivos)
  3. Comprensión da lectura (Sección 3>> Aprendemos lendo)
  1. Consulta páxina web
  2. Consulta de páxinas web
  3. Lista de cotexo
CA2.5 - Expresarse oralmente con coherencia para satisfacer necesidades de comunicación en diferentes situacións, cun vocabulario axeitado ao seu nivel a partir das experiencias e interaccións orais próximas.
  1. Técnica da tormenta de historias( Sección 2>> 2.1.Historias-emocións compartidas)
  2. Enche os ocos coas palabras que faltan. (Sección 2>> 2.2. Os textos literarios: orais e escritos. Expositivos)
  3. Actividade despregable: identificar o sentimento nunha situación dada. (Sección 4 >> Que sentimos)
  1. Exposición oral
  2. Actividade interactiva
  3. Actividade interactiva
CA3.2 - Comprender distintos tipos de textos en lingua galega, valorando a lectura como medio para ampliar o vocabulario e como gozo persoal.
  1. Unha pequena lectura (Sección 3 >> Aprendemos lendo)
  2. Detectives das lendas (Sección 3 >> Aprendemos lendo)
  3. Resumo en debuxos e palabras (Sección 3 >> Aprendemos lendo)
  4. Pregunta de escolla única textos adaptados (Sección 4 >> Unha lenda para todas e todos)
  5. Adaptación da lenda en vídeo ou audio usando opcións accesibles. (Sección 4 >> Unha lenda para todas e todos)
  1. Proba de lectura
  2. Actividade interactiva
  3. Actividade interactiva
  4. Táboa de indicadores
  5. Táboa de indicadores
CA3.4 - Analizar, de maneira autónoma o contido e aspectos formais e non formais elementais de textos escritos e multimodais, valorando o seu contido, estrutura, calidade, fiabilidade e idoneidade en función do propósito de lectura.
  1. Enche os ocos co que recordas (Sección 2>>2.2. Os textos literarios orais-escritos)
  2. Sopa de letras con adxectivos (Sección 2>>2.2. Os textos literarios: orais e escritos. Descritivos)
  3. Adiviña a palabra agochada (Sección 2>>2.2. Os textos literarios: orais e escritos. Argumentativos)
  4. Lenda en pezas (Sección 3>> 3.4 Aprendemos lendo)
  5. Clasifica: arrastra os adxectivos segundo sexan físicos, psicolóxicos ou de escenario. (Sección 4 >> Personaxes e escenarios)
  6. Actividade de encher ocos con adxectivos nun texto. (Sección 4 >> Personaxes e escenarios)
  7. Sopa de letras con partes dunha lenda. (Sección 4 >> Escribimos a nosa lenda)
  8. Sopa de letras sobre vocabulario de sentimentos. (Sección 4 >> Que sentimos)
  1. Actividade interactiva
  2. Actividade interactiva
  3. Actividade interactiva
  4. Actividade interactiva
  5. Actividade interactiva
  6. Actividade interactiva
  7. Actividade interactiva
  8. Actividade interactiva
CA3.9 - Acadar as destrezas e competencias lingüísticas a través do uso da lingua escrita.
  1. Que emoción se agocha?(Sección 2>>2.1. Historias-emocións compartidas)
  2. Opción C: Crea unha mini-narración  (Sección 2>>2.2. Os textos literarios: orais e escritos. Narrativos)
  3. O camiño correcto (Sección 3>> 3.2. Palabras en harmonía>> Repasa)
  4. Clasifica (Sección 3>> 3.2. Palabras en harmonía>> Repasa)
  5. Que tipo de desexo é? (Sección 3>> 3.2. Palabras en harmonía>> Repasa)
  6. Ficha de emocións: identificar as emocións que provoca a lenda. (Sección 4 >> Que sentimos)
  1. Actividade interactiva
  2. Proba escrita
  3. Actividade interactiva
  4. Actividade interactiva
  5. Actividade interactiva
  6. Táboa de indicadores
CA4.5 - Ler de maneira autónoma textos de diversas fontes, autores e autoras da literatura galega, compartindo a experiencia da lectura, avanzando na construción da súa identidade lectora e participando en comunidades lectoras no ámbito escolar.
  1. Le a seguinte descrición do escenario da seguinte obra  (Sección 2>>2.2. Os textos literarios: orais e escritos. Descritivos)
  2. Seguimos lendo (Sección 3 >> 3.4 Aprendemos lendo)
  1. Proba de lectura
  2. Proba de lectura
CA4.6 - Compartir oralmente a experiencia de lectura participando, de forma autónoma, en comunidades lectoras de ámbito escolar.
  1. Opción D: Representa oralmente e dramatiza (Sección 2>>2.2. Os textos literarios: orais e escritos. Narrativos)
  1. Exposición oral
CA5.1 - Ler de maneira autónoma textos de diversos autores e autoras axustados aos seus intereses, facendo valoracións persoais das obras literarias de forma guiada para fomentar o gusto pola lectura e avanzar na construción da súa identidade lectora.
  1. Le seguindo as instrucións. (Sección 2>>2.2. Os textos literarios: orais e escritos. Instrutivos)
  2. Contesta sobre o que liches (Sección 2>>2.2 Os textos literarios: orais e escritos. Instrutivos)
  1. Proba de lectura
  2. Actividade interactiva
CA5.3 - Valorar os textos literarios en calquera lingua e a literatura en xeral como vehículo de comunicación e como recurso de gozo persoal, utilizando a lectura como fonte de lecer e información.
  1. Adiviña (Sección 2>>2.2. Os textos literarios: orais e escritos. Narrativos)
  2. Sopa de letras (Sección 2>>2.2. Os textos literarios: orais e escritos. Dialogados)
  3. Tes clara a diferenza? (Sección 2>>2.2. Os textos literarios: orais e escritos. Narrativos)
  1. Actividade interactiva
  2. Actividade interactiva
  3. Actividade interactiva
CA5.4 - Utilizar, con certa autonomía, as bibliotecas da aula, do centro e as virtuais, como escenario de actividades literarias compartidas.
  1. Busca, le e clasifica (Sección 2>>2.2. Os textos literarios: orais e escritos)
  2. Memoriza autores e autoras, obras e as temáticas que tratan (Sección 2>>2.2. Os textos literarios: orais e escritos)
  1. Actividade interactiva
  2. Actividade interactiva
CA5.5 - Incorporar a lectura expresiva e a comprensión e interpretación de textos literarios narrativos, líricos e dramáticos na práctica escolar.
  1. Escoita e clasifica (Sección 2>>2.2. Os textos literarios: orais e escritos. Narrativos)
  2. Actividade grupal. Reescribindo as lendas na sociedade actual. (Sección 3>> 3.1. As pistas máxicas das historias)
  1. Actividade interactiva
  2. Exposición oral.
CA5.6 - Escoitar e ler textos literarios adecuados á súa idade, que recollan diversidade de autores e autoras, especialmente da literatura galega, relacionándoos en función dos temas e de aspectos elementais de cada xénero literario, e interpretándoos, valorándoos e relacionándoos con outras manifestacións artísticas ou culturais de maneira progresivamente autónoma.
  1. Relaciona novela-autor/autora (Sección 2>>2.2. Os textos literarios: orais e escritos. Narrativos)
  2. Completa coas  partes  (Sección 2>>2.2. Os textos literarios: orais e escritos. Narrativos)
  1. Actividade interactiva
  2. Actividade interactiva
CA5.7 - Producir, de maneira progresivamente autónoma, textos sinxelos individuais ou colectivos con intención literaria, reelaborando con creatividade os modelos dados, en distintos soportes e complementándoos con outras linguaxes artísticas.
  1. Como facer unhas sobremesas para chuparse os dedos 3. (Sección 2>>2.2. Os textos literarios: orais e escritos. Instrutivos)
  2. Actividade grupal. Reescribindo as lendas na sociedade actual. (Sección 3>> 3.1. As pistas máxicas das historias)
  3. Adaptación da lenda. (Sección 4 >> Unha lenda para todas e todos) 
  1. Táboa de indicadores
  2. Retroalimentación
  3. Táboa de indicadores
CA5.9 - Coñecer os diferentes tipos de textos literarios da tradición oral, establecendo diferenzas entre eles e o seu uso: poemas, cancións, contos, refráns e adiviñas.
  1. Rosco de adiviñas(Sección 2>>2.2. Os textos literarios: orais e escritos. Narrativos)
  2. Olla e escoita (Sección 2>>2.2.Os textos literarios: orais e escritos. Narrativos)
  3.  No romance é... verdadeiro ou falso? (Sección 2>>2.2. Os textos literarios: orais e escritos. Narrativos)
  4. De refráns vai o xogo  (Sección 2>>2.2. Os textos literarios: orais e escritos. Narrativos)
  5. Opción A: A ver si identificas quen son (Sección 2>>2.2. Os textos literarios: orais e escritos. Narrativos)
  1.  Actividade interactiva
  2. Consulta páxina web
  3. Actividade interactiva
  4. Actividade interactiva
  5. Actividade interactiva
CA6.2 - Producir en galego textos escritos e multimodais coherentes de relativa complexidade, en distintos soportes, seleccionando o modelo discursivo que mellor responda a cada situación comunicativa, progresando no uso das normas gramaticais e ortográficas básicas e mobilizando, de maneira puntualmente acompañada, estratexias sinxelas, individuais ou grupais, de planificación, redacción, revisión e edición.
  1. Escribir a lenda ou transcribila en formato final. (Sección 4 >> Escribimos a nosa lenda)
  1. Táboa de indicadores 
CA6.4 - Revisar e mellorar os textos propios e alleos e emendar algúns problemas de comprensión lectora, de maneira progresivamente autónoma, a partir da reflexión metalingüística e interlingüística e usando a terminoloxía básica adecuada.
  1. Opción B: Lenda enleada  (Sección 2>>2.2. Os textos literarios: orais e escritos. Narrativos)
  2. Dime si é verdadeiro ou falso (Sección 2>>2.2. Os textos literarios: orais e escritos. Descritivos)
  3. Cuestionario SCORM (Sección 2>>2.2. Os textos literarios: orais e escritos. Expositivos)
  4. Que características teñen? (Sección 2>>2.2. Os textos literarios: orais e escritos. Argumentativos)
  5. Ordenar historias con lista desordenada (3 actividades). (Sección 4 >> Escribimos a nosa lenda)
  1. Actividade interactiva
  2. Actividade interactiva 
  3. Actividade interactiva
  4. Actividade interactiva
  5. Actividade interactiva
CA6.6 - Aplicar os coñecementos sobre as categorías gramaticais e as regras de ortografía, tendo en conta aspectos diferenzas co castelán, para favorecer unha comunicación máis eficaz.
  1. Relaciona os signos ortográficos do diálogo coa súa función (Sección 2>>2.2. Os textos literarios: orais e escritos. Dialogados
  2. Sopa de letras. (Sección 3>> 3.1. As pistas máxicas das historias)
  3. Actividade multinivel. Opción A. Elixe ben, clasifica as seguintes palabras. (Sección 3>> 3.1. As pistas máxicas das historias)
  4. Actividade multinivel. Opción B. Determinantes perdidos. (Sección 3>> 3.1. As pistas máxicas das historias)
  5. Actividade multinivel. Opción C. O detector de verdades. (Sección 3>> 3.1. As pistas máxicas das historias)
  6. Actividade de encher ocos. (Sección 3>> 3.1. As pistas máxicas das historias)
  7. Actividade multinivel. Opción A. Adiviña (Sección 3>> 3.2. Palabras en harmonía)
  8. Actividade multinivel. Opción B. Verdadeiro ou falso (Sección 3>> 3.2. Palabras en harmonía)
  9. Actividade multinivel. Opción C. Rosco (Sección 3>> 3.2. Palabras en harmonía)
  10. Palabras perdidas (Sección 3>> 3.2. Palabras en harmonía>> Repasa)
  11. Detectives da conxugación (Sección 3>> 3.2. Palabras en harmonía>> Repasa)
  12. A danza dos verbos (Sección 3>> 3.2. Palabras en harmonía>> Repasa)
  13. Responde ás preguntas sobre o vídeo ( Sección 3>> 3.3. Os segredos da escritura)
  14. Prefixos en acción ( Sección 3>> 3.3. Os segredos da escritura)
  15. Selecciona ( Sección 3>> 3.3. Os segredos da escritura)
  16. Pregunta verdadeiro/falso ( Sección 3>> 3.3. Os segredos da escritura)
  17. Descrición de personaxes e escenarios a partir de modelo ou creación propia. (Sección 4 >> Personaxes e escenarios)
  18. Agrupar as lendas por emocións asignándolles unha cor. (Sección 4 >> Creamos un gran Libro)

  1. Actividade interactiva
  2. Actividade interactiva
  3. Actividade interactiva
  4. Actividade interactiva
  5. Actividade interactiva
  6. Actividade interactiva
  7. Actividade interactiva
  8. Actividade interactiva
  9. Actividade interactiva
  10. Actividade interactiva
  11. Actividade interactiva
  12. Actividade interactiva
  13. Actividade interactiva
  14. Actividade interactiva
  15. Actividade interactiva
  16. Actividade interactiva
  17. Táboa de indicadores
  18. Táboa de indicadores

Feito con eXeLearning (Nova xanela)