Saltar navegación

2.2. Temporalización

Temporalización do REA

Esta unidade está formada pola unidade didáctica 4 publicada en PROENS para a materia de Lingua Galega e Literatura de 6º de Primaria. En total está pensada para desenvolver ao longo de 15 sesións ao longo do primeiro trimestre. 

A continuación inclúese unha estimación da temporalización recomendada para cada fase deste recurso:

Fase Seccións Descrición do traballo a desenvolver Temporalización

1. Contos con sentimento

1.1 Emocións en palabras

1.2 Explorando as lendas

1.3 Presentamos o reto

Sesión de motivación e presentación da tarefa. Introdución ao proxecto emocional e explicación do obxectivo final: crear un libro de historias baseadas en emocións, conectando cos ODS 3 e 4.

2

2. Emocionámonos recordando

2.1  Historias-emocións compartidas

2.2 Os textos literarios: orais e escritos

Sesión de activación de coñecementos previos nesta e outras materias.

3

3. Tecendo historias

3.1 As pistas máxicas das historias

3.2 Palabras en harmonía

3.3 Os segredos da escritura

3.4 Aprendemos lendo

Sesións nas que se traballa para adquirir contidos importantes para conseguir o noso reto, ademais con actividades de busca de información e interactivas, para desenvolver de xeito oral ou escrito e facer o seguimento individual na guía de aprendizaxe.

4

4. Conseguiremos o reto

4.1 Personaxes e escenario

4.2 Que sentimos!

4.3 Escribimos a nosa lenda

4.4 Unha lenda para todas e todos

4.5 Facemos un gran libro

 Sesións destinadas ao desenvolvemento do reto: traballo en grupo arredor dunha emoción concreta para analizar ou crear relatos narrativos que expresen emocións e se integren no libro das emocións (ODS 3 e 4).

4

5. Conclusión

Sesións destinadas á presentación, coavaliación e reflexión individual do traballo realizado e aprendizaxes acadadas.

2

Feito con eXeLearning (Nova xanela)