Saltar navegación

3. Guía de uso

A chave do tempo

O REA "A chave do tempo" ten coma finalidade coñecer os momentos históricos máis relevantes dende a Revolución francesa ata os nosos días, así como a súa repercusión na vida social ou política e o impacto da arte. O obxectivo é preparar ao alumnado para aplicar eses coñecementos a situacións da vida cotiá, facendo que o alumnado traballe dende un enfoque competencial e dentro da súa realidade, construíndo unha situación de aprendizaxe relacionada co seu entorno.

Está deseñado tendo en conta o DUA, presentando diferentes versións da información de xeito que diversificamos o acceso á información en diferentes formatos e niveis, tentando chegar ao maior número de realidades individuais do noso alumnado.

A través dunha historia de ficción levamos ao alumnado a coñecer e a comprender os diferentes contidos propostos, para que logo poida aplicar eses coñecementos nas diferentes actividades que se lle van presentando ao longo de todo o REA. Ao rematar, o alumnado será quen de construír unha liña do tempo que conteña os principais eventos históricos traballados ao longo das sesións. 

A pretensión é brindarlle ao profesorado un recurso de aula cun novo enfoque educativo, achegando as ciencias sociais dun xeito lúdico e transformando a aprendizaxe nunha experiencia motivadora para o alumnado.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)