Saltar navegación

3.1. Recomendacións de uso

Orientacións e recomendacións de uso

Recursos materiais necesarios

Este REA está deseñado para poder ser realizado cos seguintes materiais:

  • Ordenadores con conexión a internet. De non contar con ordenadores, pódese realizar en pantallas interactivas en gran grupo.
  • Caderno de área.
  • Documentos do REA facilitados en formato editable (ODT) e PDF. 
  • Material funxible: cartolinas, pinturas, folios...

Proposta de agrupamentos para actividades grupais

Ao longo do REA desenvólvense actividades individuais coma en grupo. 

Para a realización das actividades grupais, a proposta é facer grupos con catro ou cinco alumnas e alumnos, nos que cada integrante adquira un rol determinado.

Deste xeito, poderemos levar a cabo distintas técnicas de traballo cooperativo, co fin de que se fomente a empatía, o respecto pola opinión dos demais compañeiros e compañeiras, a toma de decisións e a resolución pacífica de conflitos.

Produtos finais

O produto final é desenvolver unha liña do tempo multimodal. O deseño terá unhas características concretas que se especifican na fase 1 e tamén na fase 4.

O alumnado creará a liña temporal despois de reflexionar en cada etapa e conseguir os diferentes obxectivos que formará parte desta reto.

Enfoque multinivel do reto

Ao longo de toda a situación de aprendizaxe inclúese unha serie de tarefas e actividades variadas e adaptadas a diferentes niveis, para que o alumnado poida escoller.

Para o reto, o enfoque multinivel se fundamenta na posibilidade de facer unha liña do tempo en varios formatos:  manipulativa, cómic sobre os feitos históricos máis relevantes, infografías.... O alumnado será quen de elixir a modalidade expresiva que máis se axuste ao seu nivel, axudado polo profesorado, que tamén elixirá a rúbrica do formato seleccionado.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)