Saltar navegación

2.1. Criterios e instrumentos de avaliación

Criterios de avaliación e mínimos de consecución

Códigos CA: descrición dos criterios de avaliación  Mínimos de consecución Instrumentos de avaliación Unidade didáctica (Proens) % (Orientación de Proens)
CA1.1 - Utilizar recursos dixitais de acordo coas necesidades do contexto educativo de forma segura e eficiente, buscando información, comunicándose e traballando de forma individual, en equipo e en rede.
Utilizar determinados dispositivos e recursos dixitais de acordo co contexto. TI

8

10 %

10 %

CA1.2 - Formular preguntas e realizar predicións razoadas sobre o medio natural, social ou cultural, mostrando e mantendo a curiosidade. Amosar curiosidade polo medio natural, social e cultural máis próximo. TI

8

10 %

10 %

CA1.3 - Buscar, seleccionar e contrastar información, e diferentes fontes seguras e fiables, usando os criterios de fiabilidade de fontes, adquirindo léxico científico básico, utilizándoa en investigacións relacionadas co medio natural, social e cultural. Realizar actividades no contexto da comunidade escolar de forma cooperativa. TI

8

5 %

5 %

CA3.1 - Analizar os procesos xeográficos, históricos e culturais que conformaron a sociedade actual, valorando a diversidade etnocultural ou afectivo-sexual e a cohesión social, e mostrando empatía e respecto por outras culturas e a igualdade de xénero. Valorar positivamente a diversidade étnica e cultural na contorna e na historia recente. TI

7

8

10 %

5 %

CA3.2 - Promover actitudes de igualdade de xénero e condutas non sexistas, analizando e contrastando diferentes modelos na nosa sociedade. Recoñecer actitudes sexistas e non igualitarias en diferentes contextos. TI

8

5 %

CA3.3 - Resolver de forma pacífica e dialogada os conflitos, promovendo unha interacción respectuosa e equitativa a partir da linguaxe inclusiva e non violenta e explicando e exercitando as principais normas, dereitos, deberes e liberdades que forman parte da Constitución española e da Unión Europea, e coñecendo a función que o Estado e as súas institucións desempeñan no mantemento da paz, da seguridade integral cidadá e no recoñecemento das vítimas da violencia. Identificar roles diferentes nos diferentes estados na historia recente a partir de fontes sinxelas. PE (Non incluida)

7

15 %

CA4.1 - Valorar, protexer e mostrar actitudes de conservación e mellora do patrimonio natural e cultural a través de propostas e accións que reflictan compromisos e condutas en favor da sustentabilidade. Protexer e respectar o patrimonio nautral e cultural e valoralo como un ben común.

TI

PE (Non incluida)

8

10 %

20 %

CA4.2 - Analizar relacións de causalidade, simultaneidade e sucesión entre diferentes elementos do medio social e cultural desde a Idade Media ata a actualidade, situando cronoloxicamente os feitos.

Identificar feitos da contorna social e cultural no período da Idade Contemporánea.

PE (Non incluida)

7

8

15 %

20 %

CA4.3 - Coñecer persoas, grupos sociais relevantes e formas de vida das sociedades desde a Idade Media ata a actualidade, incorporando a perspectiva de xénero, situándoas cronoloxicamente e identificando trazos significativos sociais en distintas épocas da historia. Coñecer persoas, grupos sociais relevantes e formas de vida das sociedades da Idade Contemporánea, incorporando a identidade de xénero.

PE (Non incluida)

8

20 %

20 %

CA4.4 - Promover actitudes de igualdade de xénero e
condutas non sexistas, analizando e contrastando
diferentes modelos na nosa sociedade.
Valorar positivamente as accións que fomentan a igualdade de xénero e as conductas non sexistas. TI

8

5 %

5 %

Lenda%: Peso orientativo (o profesorado debe axustalo á súa programación); PE: Proba escrita, TI: Táboa de indicadores

Actividades e instrumentos empregados no REA

Criterios de avaliación Actividades ou exercicios / Seccións do REA Instrumentos empregados
CA1.1. Utilizar recursos dixitais de acordo coas necesidades do contexto educativo de forma segura e eficiente, buscando información, comunicándose e traballando de forma individual, en equipo e en rede.

2.2. Investigamos en equipo.

3.1. O pobo en pé: revolucións e resistencias.

4.1. Moitas portas levan...

TI
CA1.2. Formular preguntas e realizar predicións razoadas sobre o medio natural, social ou cultural, mostrando e mantendo a curiosidade.

1.2. Reflexionamos.

3.2. Raíñas e revolucións.

3.6. Heroínas galegas!

5. Ao mesmo lugar: ao futuro!

TI
CA.1.3. Buscar, seleccionar e contrastar información, e diferentes fontes seguras e fiables, usando os criterios de fiabilidade de fontes, adquirindo léxico científico básico, utilizándoa en investigacións relacionadas co medio natural, social e cultural.

2.2. Investigamos en equipo.

3.1. O pobo en pé: revolucións e resistencias.

3.2. Raíñas e revolucións.

TI
CA3.1 Analizar os procesos xeográficos, históricos e culturais que conformaron a sociedade actual, valorando a adiversidade etnocultural ou afectivo-sexual e a cohesión social, e mostrando empatía e respecto por outras culturas e a igualdade de xénero.

3.3. Heroínas galegas.

3.8. O chaveiro está completo.

TI

CA3.2 Promover actitudes de igualdade de xénero e condutas non sexistas, analizando e contrastando diferentes modelos da sociedade.

3.3. Heroínas Galegas.

3.8. Non leves o chaveiro baleiro.

TI

CA3.3 Resolver de forma pacífica e dialogada os conflitos, promovendo unha interacción respectuosa e equitativa a partir da linguaxe inclusiva e non violenta e explicando e exercitando as principais normas, dereitos, deberes e liberdades que forman parte da Constitución española e da Unión Europea, e coñecendo a función que o Estado e as súas institucións desempeñan no mantemento da paz, da seguridade integral cidadá e no recoñecemento das vítimas da violencia.

1.2. Reflexionamos.

2.2. Investigamos en grupo.

3.1. O pobo en pé: revolucións e resistencias > A elección é túa.

3.9. O chaveiro está completo.

5. Ao mesmo lugar: o futuro!

PE

(Non incluída no REA)

CA4.1. Valorar, protexer e mostrar actitudes de conservación e mellora do patrimonio natural e cultural a través de propostas e accións que reflictan compromisos e condutas en favor da sustentabilidade.

3.5. Explorando a arte. 

3. Volvamos no tempo. 

PE 

(Non incluída no REA)

CA4.2. Analizar relacións de causalidade, simultaneidade e sucesión entre diferentes elementos do medio social e cultural desde a Idade Media ata a actualidade, situando cronoloxicamente os feitos.

2. Que aconteceu antes de chegar aquí?

3. Voltamos no tempo!

3.8. Non leves o chaveiro baleiro.

3.9. O chaveiro está completo.

4.1. Moitas portas levan...

PE 

(Non incluída no REA)

C.A4.3. Coñecer persoas, grupos sociais relevantes e formas de vida das sociedades desde a Idade Media ata a actualidade, incorporando a perspectiva de xénero, situándoas cronoloxicamente e identificando trazos significativos sociais en distintas épocas da historia.

3. Volvamos no tempo!

3.8. Non leves o chaveiro baleiro.

PE

(Non incluída no REA)

CA4.4 Promover actitudes de igualdade de xénero e conductas non sexistas, analizando e contrastando diferentes modelos na nosa sociedade.

 3.6. Heroínas galegas!

3.8. Non leves o chaveiro baleiro.

TI 

Feito con eXeLearning (Nova xanela)