Saltar navegación

2. Contextualización curricular

Contextualización do REA na programación de materia

Este REA forma parte da proposta cREAgal para a área de Ciencias Sociais de 6º curso de educación primaria. O seu deseño parte da programación modelo publicada en Proens no curso 2023-2024 (versión 1) e vixente en xullo de 2025, a cal se achega en formato PDF para facilitar a súa consulta.

Na proposta de REA de cREAgal agrúpanse varias unidades didácticas nalgúns recursos, configurando unha secuencia coherente ao longo do curso. A planificación completa para a área inclúe un total de catro REA que cobren a totalidade dos contidos previstos nas oito unidades da programación modelo.

Os REA segundo e terceiro desenvólvese na temporalización proposta entre dous trimestres, favorecendo unha distribución equilibrada e flexible ao longo de todo o curso. Para facilitar a avaliación trimestral correspondente, inclúense neles diferentes instrumentos para os criterios de avaliación que se traballan con táboas de indicadores.

Relación dos REA coa programación modelo de Proens

Número de REA e título Unidade/s didáctica/s (Proens) Criterios de avaliación traballados % Peso Materia (Orientación de Proens) Temporalización
REA 1: "O noso lugar no mundo" UD1: A Terra no Universo
UD2: A representación da Terra
CA1.1, CA1.2, CA1.3, CA1.4, CA2.1, CA2.2 26% 1º trimestre
REA 2: "A aventura do compás máxico" UD3: Planeta e clima
UD4: Vida sustentable en sociedade
CA1.1, CA1.2, CA1.3, CA1.4, CA2.1, CA2.2, CA2.3, CA2.4, CA2.2, CA3.2, CA3.3, CA4.1 25% 1 ºe 2º trimestre
REA 3: "Superheroes da democracia" UD5: A vida social e política
UD6: A organización política de España e Europa
CA1.1, CA1.2, CA1.3, CA1.4, CA2.4, CA3.1, CA3.2, CA3.3, CA3.4, CA4.4 24% 2º e 3º trimestre
REA 4: "A chave do tempo" UD7: Historia do mundo e contemporaneidade: viaxe dende a Revolución Francesa ata os nosos días
UD8: Cultura e arte na Idade Contemporánea
CA1.1, CA1.2, CA1.3, CA3.1, CA3.2, CA3.3, CA4.1, CA4.2, CA4.3, CA4.4 25% 3º trimestre

Eixes da proposta didáctica

Esta proposta didáctica está baseada na programación modelo de Proens da área "Ciencias Sociais" de 6º curso de Educación Primaria.  Recolle os elementos curriculares das unidades 7. Historia do mundo e contemporaneidade: viaxe dende a Revolución francesa ata hoxe e 8. Cultura e arte na Idade Contemporánea.

A proposta didáctica céntrase nos seguintes eixes:

  • Promoción dunha actitude crítica e reflexiva sobre o paso do tempo e a repercusión dos eventos históricos na actualidade.
  • Estudo dos eventos históricos máis relevantes, especialmente durante a Idade Contemporánea.
  • Comprensión da relación entre os cambios sociais, políticos e culturais.
  • Desenvolvemento de habilidades para interpretar datos e textos históricos.
  • Mellora do vocabulario científico e capacidade para realizar investigacións.
  • Reflexión sobre os dereitos, deberes e liberdades recollidos na Constitución española, promovendo valores como a desigualdade e o valor cultural.
  • Uso de recursos educativos e ferramentas dixitais para investigar, reflexionar e comunicar as aprendizaxes adquiridas.
  • Creatividade aplicada ao deseño da liña temporal, integrando coñecementos científicos e sociais.

 

Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) cos que conecta o recurso

Esta proposta didáctica está aliñada con varios ODS, destacando os seguintes:

  • ODS 4: Educación de Calidade. Proporcionar unha aprendizaxe inclusiva e equitativa que desenvolva competencias globais e conciencia ambiental no alumnado.
  • ODS 5: Igualdade de xénero. Promover a igualdade de xénero mediante o estudo do papel das mulleres na historia, na arte e a súa búsqueda de dereitos.
  • ODS 10: Redución das desigualdades. Estudar as transformacións sociais e económicas que levan ás desigualdades e a valorar a diversidade cultural e social.
  • ODS 11: Cidades e Comunidades Sostibles. Reflexionar sobre a importancia de crear espazos habitables sostibles, promovendo un equilibrio entre o desenvolvemento humano e o medio natural.
  • ODS 16: Paz, xustiza e institucións sólidas. Fomentar a reflexión a través de a análise dos eventos históricos e os cambios producidos, así como a súa importancia no desenvolvemento da sociedade. 

Contidos, obxectivos específicos e competencias clave

Este REA axústase ás seguintes Unidades Didácticas da programación didáctica modelo de Proens para o 6º curso de Educación Primaria na materia de Ciencias sociais:

  • UD 7. Historia do mundo e contemporaneidade: viaxe dende a Revolución francesa ata hoxe. 
  • UD 8. Cultura e arte na Idade Contemporánea.

Recolle obxectivos, contidos e competencias clave correspondentes aos seguintes bloques da materia:

  • Bloque 1: Ciencia e tecnoloxía.
  • Bloque 3: Vivir en sociedade.
  • Bloque 4: Leccións do pasado.
Contidos Bloque da materia
  • C1.2 - Técnicas para unha adecuada exposición oral dos resultados dunha investigación, con claridade e orde. Presentación de resultados en formatos diversos.
  • C1.3 - Vocabulario científico básico relacionado coas diferentes investigacións. Realización dun glosario.
  • C1.4 - Fomento da curiosidade, da iniciativa, da constancia e do sentido da responsabilidade na realización das diferentes investigacións.
  • C1.6 - Estratexias de procura e selección de información na internet seguras e eficientes (valoración, discriminación, selección, organización e propiedade intelectual); recoñecemento de riscos asociados a un uso inadecuado e pautas de actuación.
  • C1.7 - Estratexias de recollida, almacenamento e representación de datos para facilitar a súa comprensión e análise, individual e cooperativamente, facilitando o diálogo e a resolución de conflitos.
Bloque 1
  • C3.1 - Historia e cultura das minorías étnicas presentes no noso país, particularmente as propias do pobo xitano. Recoñecemento da diversidade cultural e lingüística de España.
  • C3.2 - Os principios e valores dos dereitos humanos e da infancia, o Estatuto de autonomía de Galicia e a Constitución española, dereitos e deberes da cidadanía. A contribución do Estado e das súas institucións á paz, á seguridade integral e á cooperación internacional para o desenvolvemento.
  • C3.7 - Igualdade de xénero e condutas non sexistas. Crítica dos estereotipos e roles nos distintos ámbitos: académico, profesional, social e cultural. Accións para a igualdade efectiva entre mulleres e homes: a discriminación positiva.
Bloque 3
  • C4.1 - As fontes históricas: clasificación e utilización das distintas fontes (orais, escritas, patrimoniais). As pegadas da historia na contorna.
  • C4.2 - Temas de relevancia na historia: Idade Contemporánea, transformacións económicas, políticas, sociais e culturais, o papel representado polos suxeitos históricos (individuais e colectivos), acontecementos e procesos.
  • C4.3 - O papel da muller na historia e os principais movementos en defensa dos seus dereitos. Situación actual e retos de futuro na igualdade de xénero.
  • C4.4 - As expresións artísticas e culturais medievais, modernas e contemporáneas en Galicia e a súa contextualización histórica desde unha perspectiva de xénero. A función da arte e da cultura no mundo actual.
  • C4.5 - O patrimonio natural e cultural como ben e recurso; o seu uso, coidado e conservación.
Bloque 4

Este recurso está orientado a acadar os seguintes obxectivos da área de Ciencias Sociais:

Obxectivos Descrición
OBX1 Utilizar dispositivos e recursos dixitais de forma segura, responsable e eficiente para buscar información, comunicarse e traballar de maneira individual, en equipo e en rede.
OBX2 Expor e dar resposta a cuestións científicas sinxelas, utilizando diferentes técnicas, instrumentos e modelos propios do pensamento científico, para interpretar e explicar feitos e fenómenos que ocorren no medio natural, social e cultural.
OBX3 Identificar as características dos diferentes elementos ou sistemas do medio natural, social e cultural, analizando a súa organización e as propiedades e establecendo relacións entre estes, para recoñecer o valor do patrimonio cultural, conservalo, melloralo e emprender accións para o seu uso responsable.
OBX5 Observar, comprender e interpretar continuidades e cambios do medio natural, social e cultural, analizando relacións de causalidade, simultaneidade e sucesión para explicar e valorar as relacións entre diferentes elementos e acontecementos.
OBX6 Recoñecer e valorar a diversidade e a igualdade de xénero, mostrando empatía e respecto por outras culturas e reflexionando sobre cuestión éticas, para contribuír ao benestar individual e colectivo dunha sociedade en continua transformación e ao logro dos valores de integración europea.
OBX7 OBX7. Participar na contorna e na vida social de forma eficaz e construtiva desde o respecto aos valores democráticos, aos dereitos humanos e da infancia e aos principios e valores do Estatuto de autonomía de Galicia, da Constitución española e da Unión Europea, valorando a función do Estado e das súas institucións no mantemento da paz e da seguridade integral cidadá, para xerar interaccións respectuosas e equitativas e promover a resolución pacífica e dialogada dos conflitos.

A continuación relaciónanse as competencias clave desenvolvidas no recurso cos descritores operativos:

Competencias clave Clave dos descritores operativos
CCL: Competencia en comunicación lingüística. CCL1, CCL2, CCL3, CCL5
CP: Competencia plurilingüe CP3
STEM: Competencia matemática e competencia en ciencia, tecnoloxía e enxeñaría STEM1, STEM2, STEM4, STEM5
CD: Competencia dixital. CD1, CDD2, CD3, CDD4, CD5
CPSAA: Competencia persoal, social e de aprender a aprender CPSAA1, CPSAA3, CPSAA4
CC: Competencia cidadá. CC1, CC2, CC3, CC4
CE: Competencia emprendedora. CE1, CE2
CCEC: Competencia en conciencia e expresións culturais CCEC1, CCEC4

Feito con eXeLearning (Nova xanela)