Superheroes da democracia
Este REA está deseñado partindo do enfoque DUA, que permite diversificar o acceso aos contidos e o traballo das tarefas propostas, empregando múltiples formatos e niveis, tentando chegar ao maior número de realidades individuais do noso alumnado. As diferentes actividades están deseñadas para resolverse de xeito individual, e por grupos. Ao longo do REA o alumnado irá atopando distintos tipos de propostas: dixitais con corrección automática, outras para facer no seu caderno de aula, para traballar en equipo...
Ao longo do REA o alumnado aprenderá os principios democráticos e a súa importancia para vivir en sociedade; unha vez aprendidos, poderán aplicalos á súa realidade máis próxima: o seu centro educativo.
O reto será deseñar e construír entre toda a clase un "Consello da Infancia" despois de coñecer como funcionan os mecanismos da democracia. O alumnado deberá identificar as necesidades e as propostas de mellora do seu centro educativo así como as persoas e órganos responsables de poder solucionalas. Así mesmo, traballará a instancia como tipoloxía textual para achegar as súas ideas a quen corresponda.