Saltar navegación

2.2. Temporalización

Temporalización do REA

Esta recurso está deseñado para realizar en 16 sesións segundo a programación modelo publicada en Proens para a materia de "Ciencias Sociais" de 6º de Educación Primaria. 

O REA desenvólvese na temporalización proposta entre dous trimestres -segundo e terceiro- favorecendo unha distribución equilibrada e flexible ao longo de todo o curso. Para facilitar a avaliación trimestral correspondente, inclúense diferentes instrumentos para os criterios de avaliación que se traballan con táboas de indicadores.

A continuación indícase unha estimación da temporalización recomendada para cada fase desta situación de aprendizaxe:

Fase Seccións Para que? Temporalización
FASE 1. Superheroes da democracia

1.1. Sistema democrático

1.2. Asemblea no recreo

  • Unha sesión de motivación, presentación do reto e posta en marcha dunha das actividades que forman parte do mesmo.
1 sesión
FASE 2. Todo o que sei

2.1. Diversidade cultural e lingüística de España

2.2. Dereitos e deberes da cidadanía

2.3. A organización política

  • Unha sesión de revisión de coñecementos previos sobre a diversidade cultural e lingüística de España e sobre os dereitos e deberes da cidadanía.
  • Unha sesión de revisión de coñecementos previos sobre a organización política.
2 sesións
FASE 3. Os cimentos da democracia

3.1. Diversidade cultural en España

3.2. Un mundo xusto para todas e todos

3.3. Vivimos en democracia!

3.4. Navega con seguridade e eficacia

3.5. Xuntos e xuntas máis fortes

3.6. Quen manda aquí?

  • Unha sesión para coñecer información relacionada coa multiculturalidade do noso país.
  • Unha sesión coñecer todos os dereitos e deberes das persoas.
  • Dúas sesións para coñecer e traballar sobre os aspectos varios e características dunha democracia.
  • Unha sesión para alfabetizarse sobre unha navegación pola internet segura e aprender a buscar información correctamente usando os motores de busca.
  • Unha sesión para recoller a información relacionada co equipo directivo do centro, que permita elaborar o organigrama do mesmo.
6 sesións
FASE 4. O Consello da Infancia

4.1. Constitución do Consello

4.2. Misión Comisión!

4.3. Contade as vosas ideas

  • Unha sesión para constituir o Consello da Infancia da aula e organizalo nas distintas comisións ou grupos de traballo.
  • Dúas sesións nas que primeiro farán unha análise das necesidades do centro educativo relacionadas coa súa comisión e despois elaborarán un listado coas propostas de mellora.
  • Dúas sesións nas que escribirán unha instancia coa proposta ou propostas de mellora identificadas previamente e outra na que remitirán a proposta a quen corresponde e encherán unha rúbrica de autoavaliación sobre a tarefa realizada.
5 sesións
FASE 5. Conclusión

5.1. Avalíate

  • Unha sesión vinculada á análise do traballo realizado durante a unidade e os contidos traballados.
  • Unha sesión dedicada á autorreflexión, individual, de equipo e de clase, sobre a utilidade do aprendido e o traballo realizado durante o reto. Posta en común dos resultados e conclusións co resto da clase.
2 sesións

Feito con eXeLearning (Nova xanela)