Criterios de avaliación e mínimos de consecución
A continuación recóllense os criterios de avaliación traballados no REA, así como os mínimos de consecución e os instrumentos de avaliación en base á programación modelo de Proens. As probas escritas mencionadas na seguinte táboa non se inclúen nesta guía.
| Criterios de avaliación (CA) | Mínimos de consecución | Instrumentos de avaliación | Unidade didáctica (Proens) | % (Orientación de Proens) |
|---|---|---|---|---|
|
CA1.1. Utilizar recursos dixitais de acordo coas necesidades do contexto educativo de forma segura e eficiente, buscando información, comunicándose e traballando de forma individual, en equipo e en rede. |
Utilizar determinados dispositivos e recursos dixitais de acordo co contexto. |
TI |
5 6 |
10 10 |
|
CA1.2. Formular preguntas e realizar predicións razoadas sobre o medio natural, social ou cultural, mostrando e mantendo a curiosidade. |
Amosar curiosidade polo medio natural, social e cultural máis próximo. |
TI |
5 6 |
10 10 |
|
CA1.3. Buscar, seleccionar e contrastar información, de diferentes fontes seguras e fiables, usando os criterios de fiabilidade de fontes, adquirindo léxico científico básico, utilizándoa en investigacións relacionadas co medio natural, social e cultural. |
Realizar actividades no contexto da comunidade escolar de forma cooperativa. |
TI |
5 6 |
10 10 |
|
CA1.4. Realizar experimentos guiados, utilizando diferentes técnicas de indagación e modelos, empregando de forma segura os instrumentos e dispositivos apropiados, realizando observacións e medicións precisas e rexistrándoas correctamente. |
Participar en experimentos guiados e no rexistro dos datos correspondentes. |
TI |
5 |
10 |
|
CA2.4. Participar con actitude emprendedora na procura, no contraste e na avaliación de propostas para afrontar problemas ecosociais, buscar solucións e actuar para a súa resolución, a partir da análise crítica das causas e consecuencias da intervención humana na contorna. |
Identificar relacións entre a vida social e política xeral e a contorna próxima. |
TI |
5 |
10 |
|
CA4.4. Promover actitudes de igualdade de xénero e condutas non sexistas, analizando e contrastando diferentes modelos na nosa sociedade. |
Recoñecer actitudes non igualitares nos medios de comunicación. |
TI |
5 |
10 |
|
CA3.2. Promover actitudes de igualdade de xénero e condutas non sexistas, analizando e contrastando diferentes modelos na nosa sociedade. |
Valorar positivamente as accións que fomentan a igualdade de xénero e as conductas non sexistas. |
TI |
5 6 |
5 10 |
|
CA3.1. Analizar os procesos xeográficos, históricos e culturais que conformaron a sociedade actual, valorando a diversidade etnocultural ou afectivosexual e a cohesión social, e mostrando empatía e respecto por outras culturas e a igualdade de xénero. |
Coñecer as características básicas da sociedade na actualidade, aceptando a diversidade cultural. |
PE (Non incluidas) |
5 6 |
15 20 |
|
CA3.3. Resolver de forma pacífica e dialogada os conflitos, promovendo unha interacción respectuosa e equitativa a partir da linguaxe inclusiva e non violenta e explicando e exercitando as principais normas, dereitos, deberes e liberdades que forman parte da Constitución española e da Unión Europea, e coñecendo a función que o Estado e as súas institucións desempeñan no mantemento da paz, da seguridade integral cidadá e no recoñecemento das vítimas da violencia |
Coñecer as funcións das institucións e levar a cabo unha resolución pacífica dos conflitos. |
PE (Non incluidas) |
5 6 |
10 20 |
|
CA3.4. Explicar o funcionamento xeral dos órganos de goberno do concello, das comunidades autónomas, do Estado español e da Unión Europea, valorando as súas funcións e a xestión dos servizos públicos para a cidadanía. |
Expoñer as principais funcións das diversas institucións existentes. |
PE (Non incluidas) |
5 6 |
10 20 |
| Lenda: %: Peso orientativo (o profesorado debe axustalo á súa programación); PE: Proba escrita, TI: Táboa de indicadores | ||||