Saltar navegación

1. Descrición xeral

Superheroes da democracia

A situación de aprendizaxe desenvolvida no REA “Superheroes da democracia” propón ao alumnado unha aventura que o achegará á vida social e política de España e de Europa. 

O reto será deseñar e construír entre toda a clase un "Consello da Infancia" despois de coñecer como funcionan os mecanismos da democracia. O alumnado deberá identificar as necesidades e as propostas de mellora do seu centro educativo así como as persoas e órganos responsables de poder solucionalas. Así mesmo, traballará a instancia como tipoloxía textual para achegar as súas ideas a quen corresponda. 

As metas de aprendizaxe son:

  • Coñecer as vantaxes da participación social cidadá.
  • Exercer os dereitos derivados de formar parte dunha sociedade democrática.
  • Coñecer os dereitos e deberes da cidadanía que se recollen no Estatuto de Autonomía de Galicia e na Constitución española.
  • Entender a organización política local, nacional e europea.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)