Saltar navegación

2. Contextualización curricular

Contextualización do REA na programación de materia

Este REA forma parte da proposta cREAgal para a área de Ciencias Sociais de 6º curso de educación primaria. O seu deseño parte da programación modelo publicada en Proens no curso 2023-2024 (versión 1) - a cal se achega en formato PDF para facilitar a súa consulta- e que segue vixente no 2025-2026.

Na proposta de REA de cREAgal agrúpanse varias unidades didácticas nalgúns recursos, configurando unha secuencia coherente ao longo do curso. A planificación completa para a área inclúe un total de catro REA que cobren a totalidade dos contidos previstos nas oito unidades da programación modelo.

Os REA segundo e terceiro desenvólvese na temporalización proposta entre dous trimestres, favorecendo unha distribución equilibrada e flexible ao longo de todo o curso. Para facilitar a avaliación trimestral correspondente, inclúense neles diferentes instrumentos para os criterios de avaliación que se traballan con táboas de indicadores.

Relación dos REA coa programación modelo de Proens

Número de REA e título Unidade/s didáctica/s (Proens) Criterios de avaliación traballados % Peso Materia (Orientación de Proens) Temporalización
REA 1: "O noso lugar no mundo" UD1: A Terra no Universo
UD2: A representación da Terra
CA1.1, CA1.2, CA1.3, CA1.4, CA2.1, CA2.2 26% 1º trimestre
REA 2: "A aventura do compás máxico" UD3: Planeta e clima
UD4: Vida sustentable en sociedade
CA1.1, CA1.2, CA1.3, CA1.4, CA2.1, CA2.2, CA2.3, CA2.4, CA2.2, CA4.1, CA3.2, CA3.3 25% 1 ºe 2º trimestre
REA 3: "Superheroes da democracia" UD5: A vida social e política
UD6: A organización política de España e Europa
CA1.1, CA1.2, CA1.3, CA1.4, CA2.4, CA3.1, CA3.2, CA3.3, CA3.4, CA4.4 24% 2º e 3º trimestre
REA 4: "A chave do tempo" UD7: Historia do mundo e contemporaneidade: viaxe dende a Revolución Francesa ata os nosos días
UD8: Cultura e arte na Idade Contemporánea
CA1.1, CA1.2, CA1.3, CA3.1, CA3.2, CA3.3, CA4.1, CA4.2, CA4.3, CA4.4 25% 3º trimestre

Eixes da proposta didáctica

Esta proposta didáctica está baseada na programación didáctica modelo de Proens da área de Ciencias Sociais de 6º curso de educación primaria. En concreto, o presente REA traballa os elementos curriculares relativos ás seguintes unidades de Proens:

  • Unidade 5: A vida social e política.
  • Unidade 6: A organización política de España e Europa.

Pretendemos mediante este REA, que o alumnado participe activamente no coñecemento da división administrativa do Estado español, recoñeza a Lei fundamental que estrutura a organización social e política do país, así como que aprenda a comunicarse coas diferentes administracións.

Para esta aprendizaxe, partiremos do entorno máis próximo ao alumnado -o centro educativo-, analizando como está estruturado e como se participa nel, sendo os eixes da proposta didáctica os seguintes:

  • A necesidade de que o alumnado logre un coñecemento e respecto pola súa contorna, cultura e historia.
  • Aplicación da resolución de problemas mediante unha aprendizaxe baseada no desenvolvemento de proxectos (ABP).
  • A contribución na consecución dos ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sostible) da Axenda 2030. Esta proposta didáctica está aliñada con varios ODS, destacando os seguintes:
    • ODS 16: Paz, Xustiza e Institucións Sólidas.
    • ODS 4: Educación de Calidade.
    • ODS 10: Redución das Desigualdades.
    • ODS 17: Alianzas para acadar os obxectivos.

Contidos, obxectivos específicos e competencias clave

Esta proposta didáctica está baseada na programación didáctica modelo de Proens da área de Ciencias Sociais de 6º curso de educación primaria. En concreto, o presente REA traballa os elementos curriculares relativos ás seguintes unidades de Proens:

  • Unidade 5: A vida social e política.
  • Unidade 6: A organización política de España e Europa.

O recurso englóbase nos bloques de contido 1 (Ciencia e tecnoloxía), 2 (O mundo e o desenvolvemento sostible), 3 (Vivir en sociedade) e (Leccións do pasado).

Contidos Bloque da materia
  • C1.1 - Fases da investigación científica (observación, formulación de preguntas e predicións, planificación e realización de experimentos, recollida e análises de información e datos, comunicación de resultados...). Iniciativa emprendedora.
  • C1.2 - Técnicas para unha adecuada exposición oral dos resultados dunha investigación, con claridade e orde. Presentación de resultados en formatos diversos.
  • C1.3 - Vocabulario científico básico relacionado coas diferentes investigacións. Realización dun glosario.
  • C1.6 - Estratexias de procura e selección de información na internet seguras e eficientes (valoración, discriminación, selección, organización e propiedade intelectual); recoñecemento de riscos asociados a un uso inadecuado e pautas de actuación.
  • C1.7 - Estratexias de recollida, almacenamento e representación de datos para facilitar a súa comprensión e análise, individual e cooperativamente, facilitando o diálogo e a resolución de conflitos.
Bloque 1
  • C2.5 - Axenda Urbana. O desenvolvemento urbano sustentable. A cidade como espazo de convivencia.
  • C2.6 - Economía verde. A influencia dos mercados (de bens, financeiro e laboral) na vida da cidadanía. Os axentes económicos e os dereitos laborais desde unha perspectiva de xénero. O valor social dos impostos. Responsabilidade social e ambiental das empresas. 
Bloque 2
  • C3.1 - Historia e cultura das minorías étnicas presentes no noso país, particularmente as propias do pobo xitano. Recoñecemento da diversidade cultural e lingüística de España.
  • C3.2 - Os principios e valores dos dereitos humanos e da infancia, o Estatuto de autonomía de Galicia e a Constitución española, dereitos e deberes da cidadanía. A contribución do Estado e das súas institucións á paz, á seguridade integral e á cooperación internacional para o desenvolvemento.
  • C3.3 - A organización política. Principais entidades políticas e administrativas da contorna local, autonómica e nacional en España. Sistemas de representación e de participación política.
  • C3.4 - España e a Unión Europea. Formas de goberno. Fórmulas para a participación da cidadanía na vida pública.
  • C3.5 - España e Europa. As principais institucións de España e da Unión Europea, dos seus valores e das súas funcións. Os ámbitos de acción das institucións europeas e a súa repercusión na contorna.
  • C3.6 - Cidadanía activa. Fundamentos e principios para a organización política e xestión do territorio en España. Participación social e cidadá.
  • C3.7 - Igualdade de xénero e condutas non sexistas. Crítica dos estereotipos e roles nos distintos ámbitos: académico, profesional, social e cultural. Accións para a igualdade efectiva entre mulleres e homes: a discriminación positiva.
  • C3.8 - Seguridade viaria. Normas básicas de circulación, sinais de tráfico e marcas viarias. Condutas e hábitos viarios correctos. Causas e grupos de risco nos accidentes de tráfico.
Bloque 3
  • C4.3 - O papel da muller na historia e os principais movementos en defensa dos seus dereitos. Situación actual e retos de futuro na igualdade de xénero.
Bloque 4

Este recurso céntrase principalmente nos seguintes obxectivos da materia:

Obxectivos Descrición
OBX 1 Utilizar dispositivos e recursos dixitais de forma segura, responsable e eficiente, para buscar información, comunicarse e traballar de maneira individual, en equipo e en rede.
OBX 2
OBX2. Expor e dar resposta a cuestións científicas sinxelas, utilizando diferentes técnicas, instrumentos e modelos propios do pensamento científico, para interpretar e explicar feitos e fenómenos que ocorren no medio natural, social e cultural.
OBX 4 Identificar as causas e consecuencias da intervención humana na contorna, desde os puntos de vista social, económico, cultural, tecnolóxico e ambiental, para mellorar a capacidade de afrontar problemas, buscar solucións e actuar de maneira individual e cooperativa na súa resolución, e para poñer en práctica estilos de vida sustentables e consecuentes co respecto, o coidado e a protección das persoas e do planeta.

OBX 6
 Recoñecer e valorar a diversidade e a igualdade de xénero, mostrando empatía e respecto por outras culturas e reflexionando sobre cuestións éticas, para contribuír ao benestar individual e colectivo dunha sociedade en continua transformación e ao logro dos valores de integración europea.
OBX 7 Participar na contorna e na vida social de forma eficaz e construtiva desde o respecto aos valores democráticos, aos dereitos humanos e da infancia e aos principios e valores do Estatuto de autonomía de Galicia, da Constitución española e da Unión Europea, valorando a función do Estado e das súas institucións no mantemento da paz e da seguridade integral cidadá, para xerar interaccións respectuosas e equitativas e promover a resolución pacífica e dialogada dos conflitos.

A continuación inclúense as competencias clave e os descritores operativos relacionados coas mesmas:

Competencias clave Clave dos descritores operativos
CCL: competencia en comunicación lingüística CCL1, CCL2, CCL3, CCL5
CP: competencia plurilingüe CP3
STEM: competencia matemática e competencia en ciencia, tecnoloxía e enxeñaría STEM1, STEM2, STEM4, STEM5
CD: competencia dixital CD1, CD2, CD3, CD4, CD5
CPSAA: competencia persoal, social e de aprender a aprender CPSAA 1, CPSAA 3, CPSAA4
CC: competencia cidadá CC1, CC2, CC3, CC4
CE: competencia emprendedora CE1
CCEC: competencia en conciencia e expresión culturais CCEC1, CCEC4

Feito con eXeLearning (Nova xanela)