Saltar navegación

2. Contextualización curricular

Contextualización do REA na programación de materia

Este REA forma parte da proposta cREAgal para a área de Ciencias Sociais de 6º curso de educación primaria. O seu deseño parte da programación modelo publicada en Proens no curso 2023-2024 (versión 1) -a cal se achega en formato PDF para facilitar a súa consulta- e que segue vixente no 2025-2026.

Na proposta de REA de cREAgal agrúpanse varias unidades didácticas nalgúns recursos, configurando unha secuencia coherente ao longo do curso. A planificación completa para a área inclúe un total de catro REA que cobren a totalidade dos contidos previstos nas oito unidades da programación modelo.

Os REA segundo e terceiro desenvólvese na temporalización proposta entre dous trimestres, favorecendo unha distribución equilibrada e flexible ao longo de todo o curso. Para facilitar a avaliación trimestral correspondente, inclúense neles diferentes instrumentos para os criterios de avaliación que se traballan con táboas de indicadores.

Relación dos REA coa programación modelo de Proens

Número de REA e título Unidade/s didáctica/s (Proens) Criterios de avaliación traballados % Peso Materia (Orientación de Proens) Temporalización
REA 1: "O noso lugar no mundo" UD1: A Terra no Universo
UD2: A representación da Terra
CA1.1, CA1.2, CA1.3, CA1.4, CA2.1, CA2.2 26% 1º trimestre
REA 2: "A aventura do compás máxico" UD3: Planeta e clima
UD4: Vida sustentable en sociedade
CA1.1, CA1.2, CA1.3, CA1.4, CA2.1, CA2.2, CA2.3, CA2.4, CA4.1, CA3.2, CA3.3 25% 1 ºe 2º trimestre
REA 3: "Superheroes da democracia" UD5: A vida social e política
UD6: A organización política de España e Europa
CA1.1, CA1.2, CA1.3, CA1.4, CA2.4, CA3.1, CA3.2, CA3.3, CA3.4, CA4.4 24% 2º e 3º trimestre
REA 4: "A chave do tempo" UD7: Historia do mundo e contemporaneidade: viaxe dende a Revolución Francesa ata os nosos días
UD8: Cultura e arte na Idade Contemporánea
CA1.1, CA1.2, CA1.3, CA3.1, CA3.2, CA3.3, CA4.1, CA4.2, CA4.3, CA4.4 25% 3º trimestre

Eixes da proposta didáctica

Esta proposta didáctica está baseada na programación didáctica modelo de Proens da área de Ciencias Sociais de 6º curso de educación primaria. En concreto, o presente REA traballa os elementos curriculares relativos ás seguintes unidades de Proens:

1. A Terra no Universo

2. A representación da Terra.

A situación de aprendizaxe do REA ten como fío condutor unha viaxe a través do tempo, sendo os eixes da proposta didáctica os seguintes:

  • Lograr que o alumnado acade un coñecemento e respecto pola súa contorna, cultura e historia.
  • Aplicar a resolución de problemas mediante unha aprendizaxe baseada no desenvolvemento de proxectos (ABP).
  • Dispoñer das ferramentas axeitadas para formar individuos libres e con espírito crítico, que apliquen a conciencia ecosocial no coidado do noso planeta.
  • Contribuír na consecución dos ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sostible). Esta proposta didáctica está aliñada con varios ODS, destacando os seguintes:
    • ODS 3: saúde e benestar. Comprensión de fenómenos naturais con impacto na saúde humana.
    • ODS 4: educación de calidade. Competencia dixital como parte dunha educación inclusiva e de calidade.
    • ODS 9: industria, innovación e infraestruturas. Promove o uso das TIC como ferramentas para a innovación e a aprendizaxe.
    • ODS 11: cidades e comunidades sostibles. Protección do patrimonio cultural e natural.
    • ODS 12: produción e consumo responsables. Uso responsable dos recursos tecnolóxicos.
    • ODS 13: acción polo clima. Coñecemento de fenómenos ambientais e climáticos.
    • ODS 15: vida dos ecosistemas terrestres. Observación e comprensión da natureza para a súa protección.
    • ODS 16: paz, xustiza e institucións sólidas. Promoción do uso ético e seguro das tecnoloxías.

Contidos, obxectivos específicos e competencias clave

Os contidos, obxectivos específicos e competencias clave traballadas neste REA axústase aos recollidos nas unidades didácticas 1 e 2 da programación de referencia publicada en Proens para o 6º curso de Educación primaria na área de Ciencias Sociais:

  1. A Terra no Universo.
  2. A representación da Terra.

O recurso traballa principalmente contidos dos bloques 1 (Ciencia e tecnoloxía) e 2 (O mundo e o desenvolvemento sostible).

Contidos Bloque da materia
  • C1.1. Fases da investigación científica (observación, formulación de preguntas e predicións, planificación e realización de experimentos, recollida e análises de información e datos, comunicación de resultados...). Iniciativa emprendedora.
  • C1.2. Técnicas para unha adecuada exposición oral dos resultados dunha investigación, con claridade e orde. Presentación de resultados en formatos diversos.
  • C1.3. Vocabulario científico básico relacionado coas diferentes investigacións. Realización dun glosario.
  • C1.4. Fomento da curiosidade, a iniciativa, a constancia e o sentido da responsabilidade na realización das diferentes investigacións.
  • C1.5. A relación entre os avances en matemáticas, ciencia, enxeñería e tecnoloxía para comprender a evolución da sociedade no ámbito científico-tecnolóxico.
  • C1.6. Estratexias de procura e selección de información en Internet seguras e eficientes (valoración, discriminación, selección, organización e propiedade intelectual); recoñecemento de riscos asociados a un uso inadecuado e pautas de actuación.
  • C1.7. Estratexias de recollida, almacenamento e representación de datos para facilitar a súa comprensión e análise, individual e cooperativamente, facilitando o diálogo e a resolución de conflitos.
Bloque 1
  • C2.1. O futuro da Terra e do Universo. Os fenómenos físicos relacionados coa Terra e o universo e a súa repercusión na vida diaria e na contorna. A exploración espacial e a observación do ceo; a contaminación lumínica; a concienciación polo coidado do medio.
  • C2.2. O clima e o planeta. Introdución á dinámica atmosférica e ás grandes áreas climáticas do mundo. Os principais ecosistemas e as súas paisaxes.
  • C2.3. A contorna que nos rodea. A diversidade xeográfica de España e de Europa. Representación gráfica, visual e cartográfica a través de medios e recursos analóxicos e dixitais usando as tecnoloxías da información xeográfica (TIX).
Bloque 2

Este recurso céntrase principalmente nos seguintes obxectivos da materia:

Obxectivos Descrición
OBX 1 Utilizar dispositivos e recursos dixitais de forma segura, responsable e eficiente, para buscar información, comunicarse e traballar de maneira individual, en equipo e en rede.
OBX 2 Expor e dar resposta a cuestións científicas sinxelas, utilizando diferentes técnicas, instrumentos e modelos propios do pensamento científico, para interpretar e explicar feitos e fenómenos que ocorren no medio natural, social e cultural.
OBX 3 Identificar as características dos diferentes elementos ou sistemas do medio natural, social e cultural, analizando a súa organización e propiedades e establecendo relacións entre estes, para recoñecer o valor do patrimonio cultural, conservalo, melloralo e emprender accións para o seu uso responsable.

A continuación inclúense as competencias clave e os descritores operativos relacionados coas mesmas:

Competencias clave Clave dos descritores operativos
CCL: competencia en comunicación lingüística CCL1, CCL2, CCL3
STEM: competencia matemática e competencia en ciencia, tecnoloxía e enxeñaría STEM1, STEM2, STEM4, STEM5
CD: competencia dixital CD1, CD2, CD3, CD4, CD5
CC: competencia cidadá CC4
CE: competencia emprendedora CE1
CCEC: competencia en conciencia e expresión culturais CCEC1, CCEC4

Feito con eXeLearning (Nova xanela)